Internacionalización e especialización, claves do novo mapa galego de titulacións

Educación asegura que o documento sobre a oferta coordinada de carreiras avanza a bo ritmo e estará listo "en breve"


|


RomanrodriguezuniversidadesCIUG 1

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, asegurou este martes que as negociacións entre as tres universidades galegas para establecer unha oferta coordinada de carreiras avanzan a "bo ritmo" e apuntou que esta oferta para evitar duplicidades estará en "breve".


Nunha entrevista á Radio Galega, o conselleiro lembrou que "o sistema expandiuse no seu momento" e que agora é necesario "coordinalo" para "axustalo". "Estamos a traballar na oferta dun mapa de titulacións único, onde sexamos capaces de coordinar a oferta universitaria de novas titulacións e evitar duplicidades", destacou.


Neste sentido, Rodríguez apostou pola "especialización" de campus e por avanzar "nunha maior internacionalización da oferta educativa" de forma conxunta.


"En breve prazo de tempo seguramente haberá noticias sobre a oferta única. Obviamente hai moitas reunións de traballo ao máximo nivel e tamén a niveis intermedios. A folla de ruta que estes anos imos sacar vai reorientar todo o que ten que ver co mapa de titulacións", apostilou.


O conselleiro tamén mostrou a disposición a "negociar" puntos da Lomce, aínda que rexeitou a súa derrogación, dado que destacou puntos positivos como os itinerarios en 4º de ESO ou os plans de reforzo e mellora educativa.


Finamente, Román Rodríguez anunciou que a Xunta prepara unha campaña para fomentar o uso do galego entre os mozos, algo que cualificou como unha "prioridade" para o Goberno autonómico.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE