A presión social anula o xuízo contra o activista de Coia imputado por agresión

Un peche solidario e máis de 1.500 frimas provocaron que a acusación retirase a denuncia. Á parte, "a propia Fiscalía recoñeceu que non existen probas".



|

Rotondacoiabarco


O activista de Coia Diego Lores, acusado de empuxar a un axente que sufriu lesións durante unha das protestas contra a instalación por parte do Concello de Vigo dun barco nunha rotonda da cidade, en decembro de 2014, non será xulgado este martes, como estaba previsto, despois de que a acusación particular retirase a denuncia na súa contra.


Así o comunicou a Europa Press o propio Lores, que explicou que soubo que a acusación particular, exercida por un policía, "decidiu botarse atrás". "Rubricouse que se baixaba desta historia", confirmou.


Para reclamar a súa absolución, a Asemblea Aberta de Coia iniciou este domingo na Parroquia do Cristo da Vitoria un peche solidario que inicialmente ía concluír este martes cunha marcha ata o xulgado, onde ía celebrarse o xuízo contra o activista.


Con todo, Lores indicou que ao retirarse a acusación e, por tanto, suspenderse o xuízo, decidiron realizar "unha gran asemblea" a última hora da tarde deste luns para celebralo; e continuar co peche ata as 10,30 horas deste martes, cando acudirán ata a rotonda onde está instalado o barco.


Lores enfrontábase a unha pena de 3 anos e medio de prisión e ao pago de 30.356 euros por responsabilidade civil como consecuencia do que xa no seu momento a Asemblea Aberta de Coia tachou como unha "denuncia falsa por agresión" a un axente. Pola súa banda, "a propia Fiscalía recoñeceu que non existen probas".


APOIO


Nas últimas semanas, o colectivo acumulou máis de 1.500 firmas a favor da absolución do activista, entre elas do escritor e xornalista Manuel Rivas; o histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras; o portavoz de En Marea no Parlamento galego, Luís Villares; a europarlamentaria do BNG, Ana Miranda; a eurodeputada de Anova, Lida Senra; e o expresidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín.


Ao coñecer a noticia, Esquerda Unida enviou este luns un comunicado polo que indicou que se une "á celebración" e trasladou a súa "alegría" pola retirada da acusación contra Lores. "Lembramos que a mobilización social non é un delito, senón unha folla de ruta a seguir", selou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE