Os ocupados a tempo parcial aumentaron un 23% en Galicia desde o inicio da crise

Un estudo de Randstad mostra que os traballadores a tempo parcial supoñen o "13,1 por cento" do total de ocupados.


|

Trabajodepie

Os traballadores con xornada a tempo parcial aumentaron "un 23 por cento" en Galicia desde o inicio da crise económica, segundo un estudo elaborado pola empresa de recursos humanos Randstad.


O estudo analiza os datos rexistrados na comunidade galega desde o último trimestre de 2007 ata finais do pasado ano 2016 e mostran que os traballadores a tempo parcial supoñen o "13,1 por cento" do total de ocupados.


En concreto, 138.400 persoas teñen un contrato deste tipo en Galicia, comunidade que se sitúa por baixo da media nacional en termos porcentuais, xa que no conxunto do Estado os ocupados a tempo parcial supoñen o 14,6 por cento do total (2.697.100 persoas).


E é que, dos 112.900 ocupados que en 2007 tiñan un contrato a tempo parcial en Galicia, en nove anos ese número elevouse ata alcanzar os 138.400 profesionais.


DATOS POR COMUNIDADE


Así, segundo Randstad, Galicia sitúase como a cuarta comunidade con menor porcentaxe de contratos a tempo parcial, só superada por Madrid (12,3%), Castela-A Mancha (12,3%), Cantabria (11,9%) e Baleares (11,6%).


Comunidade Valenciana (19%), Euskadi (16,2%), Andalucía (16,1%), A Rioxa (15,5%) e Navarra (15,5%) son as comunidades con maior porcentaxe de traballadores a tempo parcial sobre o total de ocupados.


Por actividade, os contratos a tempo parcial son máis comúns nos sectores do turismo, comercio e hostalería. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE