González Formoso pide "poñer cabeza" no PSOE da Coruña

Tras a dimisión do portavoz e da secretaria local, reclama apostar por persoas "de referencia" capaces de "volver ilusionar" á cidade.


|

Formoso 1


O presidente da Deputación da Coruña, o socialista Valentín González Formoso, instou a "poñer cabeza" no PSOE da Coruña, tras a dimisión do portavoz municipal e da secretaria local, e por situar á fronte da xestora a persoas "de referencia" no partido que sexan capaces de "volver ilusionar" á cidade herculina.


Así respondeu, a preguntas dos xornalistas sobre a situación que atravesan os socialistas na cidade herculina, onde nos últimos días se produciron as dimisións dos máximos dirixentes a nivel local: o portavoz municipal, José Manuel Dapena; e a secretaria local do PSOE, Mar Barcón.


González Formoso non dubidou en recoñecer a "crise" dos socialistas na Coruña. De todos os xeitos, a pesar de ser un "momento amargo", asegura que tamén "ilusiona" porque -opina- cada unhas das partes que influirán na configuración da nova xestora -tanto a nivel federal, autonómico e local- serán "quen de poñer cabeza" ao partido.


Por iso, apostou por "poñer á fronte" desta nova xestora na Coruña a "persoas de referencia no partido que representen as diferentes sensibilidades e que conformen unha xestora que de pé a un proceso de selección dun novo equipo de dirección do PSOE na Coruña".


Un novo equipo que, segundo indicou González Formoso, afrontará a xestión nunha cidade -a da Coruña- "moi vinculada ao PSOE, unha cidade que é o que é pola súa vinculación con estas siglas".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE