​Denuncian 5 meses de demora para unha cita dun paciente oncolóxico

|

Quirfanohospital

Desde a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS veñen de facer público un comunicado co caso dunha persoa diagnosticada con leucemia crónica e sometida a un tratamento de quimioterapia que, en opinión tanto da médica de familia como da especialista en pneumoloxía, podería estarlle causando un problema de visión. Pero para esclarecer este punto e determinar o problema ocular, o paciente “vai ter que agardar cinco meses, ata o 18 de maio de 2017”, que é cando lle deron a cita para a consulta no servizo de Oftalmoloxía do Hospital de Conxo.


A Asociación de Pacientes considera que esta longa espera “evidencia un pésimo funcionamento do sistema de citas para as especialidades médicas e a cronificación das listas de espera”, é dicir, a “non discriminación entre casos que precisan unha atención máis áxil e aqueles que poderían tratarse con menos urxencia”.


Os pacientes advirten que “non tratar os problemas a tempo leva consigo, habitualmente, o agravamento da situación, e a medio ou longo prazo, un gasto maior para o paciente e o propio sistema”. Denuncian ademais a “miopía” coa que xestionan o sistema de saúde os responsables sanitarios, o cal repercute no benestar de pacientes e cidadáns, rematan. 

relacionada ¿Deben ser transparentes las listas de espera sanitarias?
relacionada Denuncian a pasividade do SERGAS ante novos episodios de colapsos nas urxencias do CHUS
relacionada ​Sanidade defende que o CHUO conta con "capacidade adecuada" para atender as urxencias

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress