​Cinco dos mellores magos do mundo danse cita hoxe e mañá en Santiago

|

Magoyunke


A I Gala Internacional de Ilusionismo, Galicia Magic Fest, chega a Santiago este xoves e venres, os días 29 e 30 de decembro, en dúas sesións diarias ás 18,30 e 21,00 horas no auditorio Abanca (Rúa Preguntoiro, 23).


Nesta cita, presentada polo galego Pedro Volta, cinco dos mellores meigos do mundo realizarán trucos e números de recoñecido prestixio.


Entre os magos que asistirán está Yunke, que é colaborador habitual do programa El Hormiguero, así como Huang Zheng --primeiro premio do congreso de maxia nacional de China 2002-- e Charlie Mag --recibiu en 2010 na Coruña o premio nacional de Manipulación--.


Tamén estarán Disguido, un dúo máxico que obtivo o Mandrake d'Or en Francia en 2013--, e Ta na manga --dúo de ilusionistas de Portugal--. Ademais de Pedro Volta, ilusionista galego experto en escapismo, que é asesor de Yunke para El Hormiguero e participou en numerosos programas como Land Rober.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress