​A UDC publica unha edición facsimilar do primeiro número de 'A Nosa Terra'

|

Anosaterra

A Universidade da Coruña (UDC) publicou unha edición facsimilar do número 1 de 'A Nosa Terra', editado por Irmandades da Fala o 13 de novembro de 1916.


O reitor da UDC, Xulio Abalde, presentou este xoves, xunto á vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, o exemplar que será distribuído a través das canles habituais da universidade coruñesa.


O libro, elaborado pola Universidade en colaboración coa Deputación da Coruña, conta, ademais, cun caderno de colaboracións que axudan a comprender o que significaron 'A Nosa Terra' e As Irmandades da Fala desde 1916 e ata o Golpe de estado de 1926.


Este caderno conta coas colaboracións da profesora da UDC Teresa López, que contextualiza 'A Nosa Terra' no marco mundo cultural e do resto de publicacións de Galicia da época.


CENTENARIO


Tamén o profesor da UDC Uxío Breogán Diéguez, que contextualiza histórica e socialmente a Galicia e A Coruña que apareceron en 'A Nosa Terra'; e inclúese un texto publicado en 1935 polo articulista e político Víctor Casas no que realiza unha valoración vinte anos despois do primeiro número de 'A Nosa Terra'.


"Este facsimilar deixa ver a relevancia desta publicación e recupera figuras como as de Rosalía de Castro ou (Ramón) Cabanillas", asegurou a vicepresidenta do organismo provincial, que destaca a relevancia de publicar este libro no ano no que se conmemora o centenario da creación desta organización, unha das primeiras do nacionalismo galego.

relacionada ​Sae á venda o manuscrito inédito de Manuel Antonio 'De catro a catro'
relacionada ​Unha reprodución facsimilar achega as 'Memorias do Arcebispado de Santiago' á cidadanía

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress