Localizan en Vigo un home buscado por violencia machista
Trátase dun mozo de 22 anos. O Xulgado de Violencia sobre a Muller da cidade emitira unha orde xudicial de busca e detención contra el.
Axentes da Policía Local de Vigo localizaron e detiveron un mozo veciño da cidade sobre o que pesaba unha orde xudicial de procura e detención emitida polo Xulgado de Violencia sobre a Muller.
Os feitos tiveron lugar á primeira hora da tarde do xoves, cando efectivos do Equipo de Vixilancia e Apoio (EVAP) da Policía Local, que se encargan da protección a mulleres vítimas de malos tratos, localizaron a este home na rúa Numancia.
Trátase de B.L.S., de 22 anos de idade, veciño de Vigo e natural de República Dominicana. O home foi identificado e detido en virtude desa orde do xulgado.
Escribe o teu comentario