​Os alumnos da USC valoran cun oito sobre dez a "satisfacción coa docencia"

|

AuditoriocienciasdacomunicacionUSC

Os máis de 29.000 alumnos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) cualifican cun "oito sobre dez" a súa "satisfacción coa docencia", segundo apunta a 'Memoria de Responsabilidade Social 2014-15' que foi presentada este xoves na capital galega.


Entre os datos que se desprenden do informe destaca que a USC imparte clase ao "40 por cento" de alumnos totais do Sistema Universitario de Galicia, repartidos en 44 titulacións oficiais, 52 másteres e 54 programas de doutoramento.


Na USC traballan ao redor de "3.000 persoas entre persoal docente e investigador e de administración de servizos, cunha idade media de 52,7 para os primeiros e de 49,6 para o segundo".


Así mesmo, o estudo tamén apunta que "no apartado de investigación e transferencia" produciuse desde 2013 "un incremento do 15 por cento de captación de recursos externos por parte do persoal investigador".


En cifras, estes proxectos captaron "65 millóns de euros en convocatorias competitivas e 20 en non competitivas" e a "incorporación de 271 persoas investigadoras nas diferentes categorías predoctorales, postdoctorales e persoal de apoio".


En canto ás teses, entre os anos 2014 e 2015 defendéronse "máis de 600 teses", "máis de 3.400 artigos publicados en revistas científicas de impacto (JCR)" e "case 400 libros e monografías publicadas".


Por último, a memoria tamén recolle outros datos, como a redución do déficit da USC "en 2,1 millóns de euros" ou o seu recoñecemento no 'GreenMetric of World' grazas "ao seu compromiso co medio ambiente", o que o converte na "única universidade galega e a novena de España" nese ránking.

relacionada Historia da USC reproba a "tramposa práctica" do reitor acusado de varios plaxios
relacionada ​A Xunta presentará un mapa de empregabilidade universitaria de Galicia en 2017
relacionada 16 anos de espera para unha praza de catedrático na USC

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress