Naturgy dispara os seus ingresos ordinarios e lanza unha tarifa de gas "por baixo dos prezos actuais en Europa"
A enerxética catalá reportou unha ganancia neta de 347 millóns e o resultado operativo total do Grupo (Ebitda) foi de 1.074 millóns de euros a finais de marzo, un 9,4% máis que o ano pasado. Así figura nos datos publicados pola firma este xoves.
A enerxética catalá reportou unha ganancia neta de 347 millóns e o resultado operativo total do Grupo (Ebitda) foi de 1.074 millóns de euros a finais de marzo, un 9,4% máis que o ano pasado. Así figura nos datos publicados pola firma este xoves.
Os ingresos da enerxética, presidida por Francisco Renes, aumentaron un 73,7% no período xaneiro-marzo, ata os 8.141 millóns de euros.
Na presentación dos resultados, a compañía tamén fai referencia aos plans de futuro. Destaca a iniciativa Compromiso Gas Industrial, que ofrece un prezo fixo de 55 €/MWh ata finais de 2025, algo que segundo a empresa, está "por baixo dos prezos actuais dos mercados europeos de gas". Unha oferta que pode ter percorrido en Galicia, dado os apuros que sofren moitas empresas ante a alza de prezos e o feito de que Naturgy, herdeira da galega Unión Fenosa, é o gran provedor enerxético no país.
Imaxe de arquivo dunha das gasineras que Naturgy ha inagurado nos últimos anos en lugares como, por exemplo, Vigo ou Santiago
A ganancia neta en este primeiro trimestre do ano constitúe un 9,4% menos que unha ganancia de 383 millóns de euros no mesmo período do ano anterior, a pesar do escenario altamente volátil, dixo a compañía.
O beneficio neto a finais de marzo foi de 354 millóns de euros, un 9% máis, mentres que o EBITDA actual é de 1.072 millóns de euros.
A empresa argumenta que este primeiro trimestre de 2022 operou en circunstancias moi cambientes en varios dos estados os que opera. Hai que lembrar que a guerra en Ucraína puxo patas para arriba o mercado enerxético, introducindo grandes factores de incerteza tanto a oferta como a demanda enerxética.
No referido a investimentos, subiron un 32% ata os 259 millóns de euros, tras empezar a construír 582 megawatts de enerxía renovable durante o trimestre. A débeda neta do grupo enerxético ascende a 13.062 millóns de euros ao peche do primeiro trimestre, en liña co peche de 2021. O número de empregados caeu por catro ano consecutivo e son xa menos de 8.000, cando fai tres anos superaba os 12.000.
Escribe o teu comentario