Goldman Sachs preto de converterse no propietario de facto do FC Barcelona

A enorme débeda do club co banco de Estados Unidos e os compromisos asumidos para construír o Espai Barça implican que esta entidade ten, na práctica, a tixola polo mango.


|

A enorme débeda do club co banco de Estados Unidos e os compromisos asumidos para construír o Espai Barça implican que esta entidade ten, na práctica, a tixola polo mango.

  

Nou Camp nunha foto de Stanley Wood publicada en Creative Commons Flickr

Nou Camp nunha foto de Stanley Wood publicada en Creative Commons Flickr 

 

O banco americano Goldman Sachs, ao que recorreu o FC Barcelona ante a súa situación de crise económica, logrou o control exclusivo do futuro económico da entidade azulgrana. De feito, se insinua que podería converterse en copropietario do club, pero non só iso, senón que os afeccionados deberían estar contentos porque é grazas a Goldman Sachs que o Barça poderá saír á boia e non desaparecer.


En total, o banco americano ha aumentado a unha cantidade de 180 millóns de euros o préstamo para renovar o estadio, para crear o Espai Barça. Ademais, incrementou has os  775 millóns a débeda contraida. Así, por unha banda financia ao club para realizar esas obras que consideran esenciais para rexurdir e obriga a que ningunha outra entidade financeira poida participar.


O presidente do Barça está, por tanto, está atado de pés e mans. É Goldman Sachs quen poñerá o diñeiro e quen quedará co 3,5% dos intereses dos últimos 90 millóns que se agregaron para o Espai Barça, senón tamén quen ten o control. E é que a entidade azulgrana aínda non empezou sequera a devolver os primeiros 90 millóns que recibiron. Ademais, polo que fai aos outros 595 millóns de débeda, tamén ten difícil devolvelos a curto prazo porque foron eliminado da Europa League.


A proba de que Goldman Sachs ten o control é que freou o impulso do Espai Barça, que se atrasa un ano con respecto ás datas previstas nun primeiro momento. O Barça tampouco conta agora con diñeiro para novas fichaxes. De feito, non poderá sequera quedar a Adama Traoré.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE