É sensato retirar as máscaras? Máximo de hospitalizados en máis dun ano (710) e morren case 4 galegos ao día

Tras tres días de apagamento informativo, pois as administracións non dan datos do coronavirus os festivos, a última actualización da Xunta confirma o empeoramento que vimos arrastrando desde antes de entroidos.


|


Tras tres días de apagamento informativo, pois as administracións non dan datos do coronavirus os festivos, a última actualización da Xunta confirma o empeoramento que vimos arrastrando desde antes de entroidos.


5wzk3 hospitalizados por covid 19 en planta en galicia br  (4)




O máis revelador -e preocupante - é a cantidade de hospitalizados, 710 ingresados en planta. É o máximo en todo 2022. De feito, é o peor dato desde febreiro do ano pasado. É dicir, hai 14 meses que non estabamos tan mal.



Coa polémica medida de fin das máscaras en interiores ao virar a esquina e os movementos de semana, a alza de transmisión crecerá aínda máis. A consecuencia será que acabará morrendo aínda máis xente con covid. Na última semana faleceron 26 persoas e no último mes 114, o que dá unha media diaria de case catro mortes a o día. 





Os 770 positivos anunciados este luns son un 16% máis que os anunciados o pasado luns, pese á pequena cantidade de probas.


incidencia acumulada semanal sobe   5 puntos ata 285  positivos por 100.000 habitantes.  A incidencia acumulada a 14 días tamén crece ata 551. Hai que lembrar que ambos os índices case só teñen en conta aos maiores de 60 e outros colectivos vulnerables. Ao resto da poboación, nin se lles fai probas,  mesmo cando son sintomáticos. 

  

O dobre da incidencia a 7 días é algo maior que a incidencia a 14 días.  A razón de taxas é de 1,03 , por tanto na última semana houbo un   3% de positivos más que na penúltima.  A aceleración da transmisión afrouxou en Semana Santa, pero este alivio é probable que se deba á menor cantidade de probas os festivos. O esperable é unha forte alza da razón de taxas a final de semana.


A taxa de positividade onte foi de o  25 %. A media semanal, que é o que importa, leva tres días estabilizada en torno ao 31,8%, que son máximos de toda a pandemia. 


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un -4,7%.   O que importa, que é a media semanal, está en algarismos positivos, +1,3%, aínda que a súa alza moderouse durante Semana Santa, posiblemente polas poucas probas.





En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un descenso de -635 . O total é de  casos activos é de   12.875  


DATOS POR ÁREAS

 

A Coruña ( 176) e Santiago ( 131) son os distritos que máis positivos comunican hoxe. A Coruña é a área con máis presión hospitalaria, con 171 ingresados, incluídos 7 encamados en UCI. 




ANÁLISE ACTUAL E EVOLUCIÓN POSIBLE

Con estas estatísticas, a inferencia que se pode realizar é:

  • A pandemia está  nuns niveis de transmisión moi altos. A tendencia é á alza.
  • A Semana Santa ha provocado unha caída das probas realizadas. Por exemplo, os datos de hoxe falan de menos de 600, mínimo do ano. Isto pode explicar porqué o ritmo de crecemento dos indicadores de transmisión afrouxou durante os recentes festivos.
  • Esta perda de brío da alza da transmisión é probablemente un espellismo. Sempre que houbo festivos, sempre aumentou a mobilidade social e, en consecuencia, sempre se dispararon os contagios. É probable que a finais de semana vexamos como o empeoramento agrávase.
  •  Importan locontagios cando a enfermidade é menos grave? Á administración parece que lle importa relativamente pouco, porque segue adiante co seu plan de retirada das máscaras en interiores. Isto débese, en gran medida, a que as vacinas reduciron a presión sobre as UCIs, que era o elo do sistema hospitalario máis fráxil.
  • Con todo, as cifras de hospitalizados e de mortes son as que son. Hai que lembrar que unha porcentaxe relevante deses 710 hospitalizados acabará con secuelas crónicas, o covid persistente. O máximo de hospitalizados en planta en Galicia toda a pandemia foron uns 1.300. Ninguén nos libra xa de alcanzar uns 800 nos próximos días. 
  • Coa media actual de falecementos - ao redor de 3,7 ao día- implica que morrerían cada mes uns 111 galegos con covid e uns 1.332 ao ano. A gran maioría, persoas maiores.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE