24 mortos en catro días, récord de positividade e transmisión moi alta e á alza da covid

Os 1.227 casos abertos comunicados este venres son 200 máis que o pasado venres. Contribúen pois que a incidencia acumulada semanal creza por terceira xornada consecutiva, tras o bajón artificial que produciu o cambio de método pactado por Xunta e Estado. A taxa de positividade tamén crece e, de feito, bate o seu récord desde os rexistros da primeira onda, cando case non había probas.


|


Os 1.227 casos abertos comunicados este venres son 200 máis que o pasado venres. Contribúen pois que a incidencia acumulada semanal creza por terceira xornada consecutiva, tras a baixada artificial que produciu o cambio de método pactado por Xunta e Estado. A taxa de positividade tamén crece e, de feito, bate o seu récord desde os rexistros da primeira onda, cando case non había probas.


A alza de transmisión  nótase na presión hospitalaria. Aínda que o crecemento dos ingresados en planta hoxe respecto onte é pequeno, +3, o importante é o crecemento semanal, +26, que é relevante.


O máis sorprendente é o elevado número de mortes esta semana. Son 24 desde o martes, catro coñecidas hoxe. Un repunte tan notable pode ter que ver con algún brote nalgunha residencia, algo que é imposible corroborar porque a Xunta xa non informa da covid nos asilos.




incidencia acumulada semanal sobe 9  puntos ata  os 241  positivos por 100.000 habitantes. De acordo a o   semáforo covid aprobado  polo Ministerio, este índice está en risco alto pero moi preto de volver a risco moi alto. Iso a pesar de que agora, coa nova estratexia o 29 de marezo, Sanidade case só fai probas a maiores de 60 e xa non suma os resultados dos autotest.


incidencia acumulada a 14 días aínda decrece de maneira artificial, debido ao citado cambio de método. A pesar deste afundimento, continuamos en risco moi alto, que é o peor posible, por encima dos 500. O vindeiro martes encadearemos 14 días con datos procedentes do mesmo método e así o vindeiro mércores poderemos considerar fiable a evolución deste índice.


razón de taxas  non é un indicador fiable e non o será ata que a incidencia bisemanal volva a regularizase. O seu valor actual, por baixo de 1, o que indica unha melloría, é artificial. Melloría que, por certo, leva xa tres días perdendo fol.


A taxa de positividade onte foi de o 30,6% . Unha porcentaxe descomunal que se pode considerar o récord de toda a pandemia, pois só é superado por cifras do pico da primeira onda, cando había poquísimos test. 


2H0EW taxa de positividade de covid en galicia evoluci n diaria



Loxicamente, con esta cifra a media semanal, que é o significativo, crece, ata 22,7%, que é a peor porcentaxe desde mediados de xaneiro.


A que se debe o brusco empeoramento da positividade? O SERGAS alega, con razón, que agora só faise test a persoas, a miúdo maiores de 60, con síntomas e os seus contactos estreitos se son maiores ou persoas de risco. Ao non haber cribados ao público  e só probas en contextos específicos con persoas máis vulnerables, onde ademais xa hai sospeitas relevantes de contaxio, é normal que a proporción de positivos dispárese.


Agora ben, esta argumentación non nos debe distraer de algo relevante. Desde que se cambiou o método, o 29 de marzo, a taxa de positividade non deixou de crecer. 


O primeiro día co novo método foi do 14% e hoxe foi máis do dobre. A media semanal estaba entón no 12% e agora no 22%. Non hai dúbida pois que a transmisión da covid está a dispararse. Este índice está en risco moi alto no semáforo.


 EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un 1,2%.  Algo axuda a que a media semanal creza unhas décimas ata o -6,8%.




Dese -6,8% non podemos fiarnos, porque se debe en gran medida a estes días nos que se contaban menos positivos mentres as altas chegaban ao mesmo ritmo que antes do cambio de método. Do que podemos empezar a fiarnos, pois esas altas a maiores están a desaparecer, é da evolución da curva. É o segundo día consecutivo que crece, outro indicio de que a transmisión está a aumentar.


En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de 138, primeira subida en dúas semanas. O total é de  casos activos é de 11.626 


DATOS POR ÁREAS

Santiago (225), A Coruña (184) e Vigo (260) son os distritos que máis positivos comunican hoxe.  A Coruña é a área con máis presión hospitalaria, que crece ata 112 pacientes en planta e dúas en críticos. 




 

ANÁLISE ACTUAL E EVOLUCIÓN POSIBLE

Con estas estatísticas, a inferencia que se pode realizar é:

  • A pandemia está nuns niveis de transmisión altísimos. Estamos preto de 250 positivos por cada 100.000 habitantes cando só facémoslle probas, practicamente, aos maiores de 60.
  • Todos os índices de transmisión dos que nos podemos fiar tras o cambio de método do 29 de marzo indican un empeoramento. Este empeoramento é coherente co empeoramento, non explosivo pero constante, que levabamos un mes arrastrando antes do cambio de metodoloxía. 

  • Transmisión alta e tendencia á alza é un cóctel moi perigoso para chegar a unha Semana Santa que empeza con pésimo tempo. Moita mobilidade e moita convivencia en interiores provocará máis contaxios.
  • Realmente importa algo os contaxios dado que o risco é moito menor grazas ás vacinas e á menor virulencia de Ómicron? Ás administracións está claro que non lles importa demasiado, pois o risco de colapso sanitario, que é o seu principal temor, está moi lonxe.
  • As cifras de mortes seguen sendo moi considerables. A media no último mes está  en 3 mortes ao día. Unha media que veremos aumentar ante a actual alza da transmisión e o impacto da Semana Santa; salvo que o , o medicamento que empezou a usar o SERGAS hai unhas semanas, demostre marcar a diferenza que nos permita pasar páxina definitivamente da pandemia.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE