​Miles de persoas claman en Xénova contra Casado e vitorean a Ayuso, que admitiu que o seu irmán se lucró con contratos públicos

Horas decisivas no futuro da cúpula do Partido Popular. Con miles de afiliados e simpatizantes ás portas da sede nacional do partido, a marxe de manobra do secretario xeral, Pablo Casado, é cada vez máis reducido. Díaz Ayuso gañoulle o pulso na rúa, mentres que o núcleo duro dos baróns, liderados por Feijóo, cuestiona cada vez máis o seu liderado.


|

Horas decisivas no futuro da cúpula do Partido Popular. Con miles de afiliados e simpatizantes ás portas da sede nacional do partido, a marxe de manobra do secretario xeral, Pablo Casado, é cada vez máis reducido. Díaz Ayuso gañoulle o pulso na rúa, mentres que o núcleo duro dos baróns, liderados por Feijóo, cuestiona cada vez máis o seu liderado.


Gu00e9nova casado

Protestas en Xénova | Foto: EP


As primeiras cifras estiman ao redor de 3.000 persoas as que se están manifestando este domingo ante a sede dos populares, que onte anunciaron que daban por válidas as explicacións de Ayuso aos contratos outorgados a empresas vinculadas ao seu irmán, que levou comisións, admitiu a presidenta, superiores aos 50.000 euros nos momentos máis críticos da pandemia.


A pesar de quedar demostrado que a familia Ayuso se lucró á conta da crise sanitaria, no PP optaron por resolver o expediente aberto contra a presidenta da Comunidad de Madrid. Agora, moitos piden o cesamento de Teodoro García Egea, man dereita de Casado, unha corrente iniciada despois das declaracións de Núñez Feijóo o pasado xoves, cuestionando os métodos do seu partido. 


Se non se toman medidas decisivas, o máis probable é que o PP acabe convocando un novo Congreso Nacional, do que, no panorama actual, sairía un novo líder. As quinielas sitúan, unha vez máis, a Feijóo como o mellor postulado ao despacho de Xénova. 


Mentres, na rúa, miles de persoas corean o nome de Isabel Díaz Ayuso, á que o escándalo de corrupción non lle restou nadiña de nada de apoio social, mentres que Pablo Casado parece abocado á dimisión, xa que fontes do Partido Popular advertiron, desde o primeiro momento, que esta guerra tería que cobrarse a unha das dúas figuras, senón ás dous chegados ao extremo.


Amplía a información en Catalunyapress.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE