Falece un veciño de Vigo na estación de Baqueira, onde sufriu unha grave caída mentres esquiaba

A estación de esquí Baqueira Beret (Lleida) lamentou a morte dun esquiador o pasado xoves despois de quedar "gravemente ferido" ao sufrir unha caída nunha pista pechada a última hora da tarde.

|

Desde a estación catalá confirmaron a morte do galego, que viaxara desde a cidade olívica cuns amigos.


Baqueira

Baqueira | Foto: EP


A estación de esquí Baqueira Beret (Lleida) lamentou a morte dun esquiador o pasado xoves despois de quedar "gravemente ferido" ao sufrir unha caída nunha pista pechada a última hora da tarde.


Nun comunicado este sábado, a estación expresou a súa "máis sentido pésame" a familiares e amigos.

Tras ser rescatado e atendido polo equipo de pistas, o esquiador foi trasladado en helicóptero ao Hospital de Vielha (Lleida), onde faleceu ese mesmo día.

'Faro de Vigo' informara do accidente do esquiador e de que viaxara cun grupo de amigos desde Vigo ata a estación de esquí.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE