(VÍDEO) Así foi a brutal malleira que recibiu un home en Vigo por interpoñerse entre unha muller e o seu maltratador

Os axentes logran aplacar ao agresor, que mesmo chega a blandir unha cadeira para lanzala ás autoridades. No medio da tángana, o home que interveu para defender á muller agredida, recibiu un porrazo por parte dos axentes, o que provocou que varios transehuntes que presenciaban a pelexa saísen no seu defensa.


|

Os feitos, ocorridos na terraza dun local da cidade olívica, producíronse o domingo 2 de xaneiro e as imagenes circulan por internet desde entón.


A Policía chegou escasos segundos despois de que os dous homes caesen ao chan. O agresor, lonxe de depoñer a súa actitude ante a chegada dos axentes, ameazou aos policías cunha cadeira da terraza.



A valentía dun home en Vigo ao ver como unha muller estaba a ser agredida polo seu acompañante provocou un altercado ás portas dun bar da cidade olívica que terminou coa intervención da Policía Nacional. 


O home recriminou ao agresor a súa actitude coa muller, á que empuxara, e decidiu chamar á Policía para informar do ocorrido. Foi no momento no que abandonou o local cando o outro home se avalanzó sobre el propinandole unha tremenda malleira, como recollen as imaxes difundidas nas redes sociais. 


Pouco despois do inicio da liorta, unha patrulla da Policía Nacional preséntase na zona. Os axentes logran aplacar ao agresor, que mesmo chega a blandir unha cadeira para lanzala ás autoridades. 


No medio da tángana, o home que interveu para defender á muller agredida, recibiu un porrazo por parte dos axentes, o que provocou que varios transehuntes que presenciaban a pelexa saísen no seu defensa. "Este non, este non", escóitase a unha muller no vídeo, indicando aos nacionais que non golpeasen ao home que permanecía no chan. O agresor foi finalmente detido.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE