As novas residencias de Galicia deberán ser para un máximo de 150 usuarios con módulos de ata 25 persoas

As residencias que se constrúan no futuro en Galicia deberán estar deseñadas para un máximo de 150 usuarios e dividirse en módulos ou "unidades de convivencia" de ata 25 persoas, que serán seleccionadas "polas súas preferencias antes que os seus graos de dependencia".

|


Protesta na DomusVI Laraxe.

Unha pasada protesta laboral en DomusVi Laraxe


As residencias que se constrúan no futuro en Galicia deberán estar deseñadas para un máximo de 150 usuarios e dividirse en módulos ou "unidades de convivencia" de ata 25 persoas, que serán seleccionadas "polas súas preferencias antes que os seus graos de dependencia".


Esta é unha das novidades do novo modelo de xeriátricos que deseñou a Xunta e que presentou este martes no Parlamento a conselleira de Política Social, Fabiola García, quen destacou o "xiro radical" que se lle dará a este sistema tras un ano de traballo por parte dun comité asesor.

De acordo con esta nova folla de roteiro, estes centros tamén contarán con "melloras en coordinación" co Servizo Galego de Saúde (Sergas), con avances como "vías rápidas para acceder ás urxencias e aos hospitais de día", entre outros.

De igual modo, o novo modelo galego establecerá "habitacións intelixentes" e un "consello asesor" obrigatorio en centros de máis de 100 prazas e que estará constituído por residentes, familias e pola propia empresa xestora. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE