Brote de covid en Finsa (Santiago) con 39 positivos tras unha cea de empresa

Unha cea na que participaron traballadores da empresa Finsa, de Santiago, foi a orixe dun brote que acumula ata o momento 39 casos positivos. A empresa confirmou a existencia do brote, á vez que aclarou que o evento, no que participaron preto de medio centenar de empregados, non foi organizada pola compañía.

|

Este foco é un dos factores que explica o forte aumento de positivos de coronavirus en Santiago nos últimos días.



Finsa santiago


 Unha cea na que participaron traballadores da empresa Finsa, de Santiago, foi a orixe dun brote que acumula ata o momento 39 casos positivos. A empresa confirmou a existencia do brote, á vez que aclarou que o evento, no que participaron preto de medio centenar de empregados, non foi organizado pola compañía.


Fontes consultadas por Europa Press explicaron que, tras acudir ao evento, un dos empregados presentou síntomas compatibles coa covid-19 e, a partir de aí, activouse o protocolo e realizouse un cribado a todos os asistentes á cea.

TRABALLADORES DE SERVIZOS CENTRAIS
Ata a data confirmáronse 39 positivos e todos os asistentes están illados. Ao tratarse case todos de empregados de servizos centrais, que previamente estaban teletraballando, o brote non vai afectar á produción da empresa nin vai supoñer un endurecemento das medidas covid nas súas instalacións.

As fontes consultadas insisten en que a reunión foi organizada fóra do ámbito laboral e non foi promovida pola empresa. É dicir, trátase de "unha cea de empregados da empresa", que se organizou neste ámbito.

Así mesmo, remarcan que, en todo momento, os asistentes seguiron as medidas de prevención fronte á covid-19.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE