Así soa Pava, o disco que non é un disco da poeta Lucía Aldao
A poeta galega Lucía Aldao percórreo e lanza Pava, o seu primeiro traballo musical, un "disco que non é un disco".Escultura de Pava realizada por Laura Pazos Iso si, non é un disco tradicional.
Non é raro ver a músicos saltar ao mundo das letras. Máis infrecuente é o camiño inverso. A poeta galega Lucía Aldao percórreo e lanza Pava, o seu primeiro traballo musical, un "disco que non é un disco".
Escultura de Pava realizada por Laura Pazos
Iso si, non é un disco tradicional. "PAVA é un proxecto musical expansivo que prescinde do habitual soporte físico e a cambio ofrece un obxecto escultórico realizado pola artista Laura Pazos. Esta é unha edición limitada (só 100!) que conecta a obra de arte coa obra musical", explica a promotora, a galega Esmerarte.
O videoclip do primeiro avance de Pava, dirixido por Diego Delgado e gravado nos arredores do Faro de Oza.
Asi soa en directo:
O disco completo pódese escoitar en plataformas como Spotify:
Escribe o teu comentario