​O PSdeG de Teo reprocha a Sisto a súa “estratexia partidista” pola ruptura do goberno bipartito

Foi esta unha decisión difícil, pero inevitable, que viña xestando desde hai varios meses e que fomos atrasando coa esperanza de poder reconducir a situación", explicaba o alcalde nun comunicado publicado na web do seu partido.


|

O alcalde de Son de Teo queda á fronte do goberno municipal con só tres edís tras o cesamento dos tres concelleiros do PSdeG que conformaban o goberno de coalición.


“Lamentamos profundamente esta decisión, que entendemos vinculada a cálculos electorais, que non á xestión dos nosos conselleiros”, din desde a bancada socialista.


Uxia lemus psdeg


Uxía Lemus, no extremo dereito da mesa | Foto: PSdeG


Esta mañá un inesperado xiro de temón en o Concello de Teo propiciou a saída de catro edís socialistas, Uxía Lemus da Iglesia, Roberto Moñino Gil, Mayte Argibay Silva e José Manuel Elías Noy, que conformaban o goberno municipal. Agora, Rafael Sisto queda á fronte da nave con só tres apoios, fronte aos seis edís do PPdeG, que gañou as eleccións no municipio sen capacidade de formar goberno.


"Comuniqueilles aos concelleiros socialistas o cesamento nas súas responsabilidades de goberno. Foi esta unha decisión difícil, pero inevitable, que viña xestando desde hai varios meses e que fomos atrasando coa esperanza de poder reconducir a situación", explicaba o alcalde nun comunicado publicado na web do seu partido.


TÁCTICA ELECTORAL

Desde o grupo dos socialistas de Teo manifestan que a decisión da ruptura do seu grupo co alcalde, Rafael Sisto, trasladóuselles esta mañá ás 11 horas. A “ruptura unilateral” do goberno bipartito realizouse “sen aviso previo” e sen “xustificar os motivos concretos da ruptura”.


No comunicado do PSdeG de Teo comentan que foi hoxe cando Sisto procedeu “á expulsión do Goberno dos catro concelleiros socialistas”.



“Dada a multiplicidade de asuntos fundamentais para este Concello, como a Casalonga, na que a unidade institucional é fundamental, lamentamos a decisión de Rafael Sisto”, afirman desde o grupo socialista. Nesa liña, vinculan esta ruptura a unha “estratexia partidista de escaso percorrido, antepoñendo os intereses do seu grupo contra os intereses xerais dos veciños”.


Lamentamos profundamente esta decisión, que entendemos vinculada a cálculos electorais, que non á xestión dos nosos conselleiros”, comenta a portavoz Uxía Lemus. A continuación, e despois de reclamar “estabilidade” para estes tempos complexos, o PsdeG, coa vista posta nas municipais de 2023 como o resto de forzas, din que seguirán traballado “desde a oposición, como fixemos ata o de agora, de forma construtiva coa institución e os veciños como principio máximo da nosa actuación”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE