Stellantis (antiga PSA Citröen) parará todo o día mañá xoves pola falta de microchips
Non traballarán ningunha das dúas liñas de produción debido á falta de compoñentes, en concreto microchips.Lla previsión é que o venres se retoma a actividade na quenda de mañá, que empeza ás seis.
A factoría ten en marcha un ERTE ante os continuos paróns debido á falta de compoñentes. O acordo, que non asinou a CUT, non protexe a traballadores eventuais e fixos a tempo parcial.
A dirección da planta de Stellantis en Vigo acaba de comunicar aos sindicatos que a factoría parará por completo mañá xoves. Non traballarán ningunha das dúas liñas de produción debido á falta de compoñentes, en concreto microchips, nin a fábrica de baterías.
A previsión é que o venres se retoma a actividade na quenda de mañá, que empeza ás seis. En todo caso, o parón supón un novo golpe para a factoría e para a industria auxiliar da comarca.
No que vai de ano, a fábrica deixou de fabricar uns 70.000 vehículos debido á falta de chips. En toda Europa, calcúlase que non se produciron case 1,5 millóns dos vehículos previstos.
Na factoría olívica, a crise xa provocou a suspensión definitiva do traballo do Sistema 2 a fin de semana. Este sábado e domingo eran os últimos nos que ía funcionar.
Escribe o teu comentario