​A Mesa e o Parlamento de Galicia unidos para que a Lei do Audiovisual sexa vital "para o futuro da lingua"

Representantes da Mesa, PPdeG, BNG e PSdeG | Foto: A Mesa Este luns as tres formacións políticas presentes no Parlamento de Galicia, PPdeG,BNG e PSdeG, uniron as súas forzas, impulsadas pola Mesa pola Normalización Lingüística, para reclamar ao Goberno de España que a Lei do Audiovisual contemple ao galego nas medidas de protección da dobraxe, do subtitulado, das audiodescripciones e do financiamento anticipado establecidas para o español.


|

A Mesa pola Normalización Lingüística e representantes das tres forzas da cámara galega veñen de reclamar ao Goberno de España que inclúa ao galego na futura Lei xeral de Comunicación Audiovisual.


"É necesario actuar nun dos ámbitos nos que a situación de exclusión da nosa lingua é máis evidente", indican desde A Mesa.


A Mesa e os grupos do Parlamento únense para pedir que a nova Lei do Audiovisual do Estado non marxine ao galego

Representantes da Mesa, PPdeG, BNG e PSdeG | Foto: A Mesa


Este luns as tres formacións políticas presentes no Parlamento de Galicia, PPdeG,BNG e PSdeG, uniron as súas forzas, impulsadas por A Mesa pola Normalización Lingüística, para reclamar ao Goberno de España que a Lei do Audiovisual contemple ao galego nas medidas de protección da dobraxe, do lexendado, das audiodescripciones e do financiamento anticipado establecidas para o español.


Nesta campaña, as tres forzas da cámara autonómica buscan que a nova lei iguale para o galego as cotas establecidas para o castelán en plataformas dixitais, algo que xa recolle a Iniciativa Xabarín, aprobada en maio despois de que A Mesa recollese máis de 30.000 firmas e solicitase un contundente apoio popular para sacala adiante.


Marcos Maceira, presidente da Mesa, estivo acompañado polas populares Raquel Arias e Noelia Pérez, as socialista Noa Díaz e Noelia Otero e por Daniel Conde e Mercedes Queixas pola bancada nacionalista. Maceiras trasladou o seu agradecemento aos grupos por concordar con esta camapaña e destacou o valor da futura lei, que parte dunha directiva europea que busca garantir a difusión e creación nas linguas do continente.


Sen audiovisual non hai futuro para ningunha lingua nin cultura. Por iso a lei fixará unha cota mínima de dobraxe, lexendado, audidescripcións e financiamento de producións no Estado Español por parte das plataformas de emisión audiovisuais (5% de ingresos)", sinala Maceira.



UNIDADE COMO “GARANTÍA DE ÉXITO”

Polo PPdeG, Arias lembrou a unanimidade que logrou a Iniciativa Xabarín e que se repetiu nesta solicitude que representa un importante impulso a un sector, o do audiovisual, que xa supón un 2% do PIB galego. Mentres, desde o BNG tamén fixeron fincapé na transcendental Iniciativa Xabarín que demostrou “o ánimo social exemplar que merecía o acordo unánime dos partidos políticos” do Parlamento. Para a socialista Noa Díaz trátase dun paso fundamental para logral a “igualdade” entre as linguas oficiais do Estado e mostrou a súa confianza en que Moncloa recolla as súas demandas e as de “outros territorios”.


O presidente da Mesa considera “da máxima relevancia para o futuro da lingua galega” que a lei estableza estas medidas. "Fai falta actuar nun dos ámbitos onde a situación de exclusión da nosa lingua é máis evidente", incide, "e que, ao tempo, é un dos máis empregados polo público en xeral e a mocidade e infancia e particular".


"Estes dous elementos converxen nun sector como audiovisual galego de calidade demostrada e grande capacidade para contribuír ao desenvolvemento cultural e económico do noso país", conclúen desde a plataforma, á vez que lembran que dos máis de 25.000 títulos dispoñibles nas principais plataformas, apenas 25 están en versión orixinal galega e ningunha conta con opción dobrada ou subtitulada. “É unha oportunidade única; a unidade é garantía de éxito”, sentenza Maceira.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE