Público de pé no Portamérica 2021 con abonos á venda o xoves 23 de setembro
O Portamérica estrea formato que permite ao público moverse por un dos 8 sectores fronte ao escenario.Así o presentou a promotora Esmerarte nun acto hoxe na Azucareira de Caldas de Reis, nova sede do evento.
Canso dos festivais que obrigan a estar sentado durante os concertos? O Portamérica estrea formato que permite ao público moverse por un dos 8 sectores fronte ao escenario.
Así o presentou a promotora Esmerarte nun acto hoxe na Azucareira de Caldas de Reis, nova sede do evento. O cartel xa se coñecía (Vetusta Morla, Deluxe, Novidades Carminha, etc.) e desde este martes coñecemos os detalles da organización.
A nivel práctico, é importante sinalar que haberá catro liñas de autobuses para chegar ao recinto, que farán viaxes de ida e volta entre Caldas e Santiago de Compostela,
Cambados – Vilagarcía, Pontevedra e Vigo.
SÓ ABONOS
A venda de abonos empezará o xoves 23 de setembro ás 13 horas. Non haberá entradas dun día. Iso si, os "Os portamericanos crentes que xa dispoñan de entrada para 2022 terán acceso a unha preventa anticipada e con desconto. Será o xoves 23 de setembro de 10 a 13h", apuntan desde Esmerarte.
A nivel social, destaca a celebración por terceiro ano de "Unha entrada, unha árbore", que leva xa máis de 4.000 árbores plantadas en Xiabre. Ademais, a organización lanza incitiva "É normal", que inclúe "barras feministras" -bautizadas con nomes de galegas pioneiras- e formación a cargo de Cruz Vermella Pontevedra.
Escribe o teu comentario