Xa hai horarios para o Caudal Fest: Nathy Peluso despide o verán festivaleiro en Galicia

O Caudal Fest reunirá no Xardín do Pazo de Feiras e Congresos a algúns dos artistas máis reclamados do panorama nacional e internacional no último dos grandes festivais do estío en Galicia.Apurando ata a última semana, os organizadores do Caudal Fest publicaron onte nas súas redes sociais os horarios dos concertos dos días 16, 17 e 18 de setembro, unha edición que arrinca o xoves coa actuación de David Prado ás 19:20 horas nunha xornada onde tamén estarán Iván Ferreiro e Love of Lesbian.Xa o venres será a quenda de Toundra ás 18:10, ao que precederán Shinova, Sen Senra e A M.Ou.D.A. Xa o sábado, Kutxi Romero iniciará o último día do festival ás 18 horas, para logo dar paso a Ladilla Rusa, Bad Gyal e Nathy Peluso, que poñerá o punto e final a esta nova edición. Todas as xornadas rematarán ás 00:30 horas.


|

A artista arxentina clausurará o festival lucense, que arrincará o vindeiro xoves coa actuación de David Prado ás 19:20.


Polo escenario da cidade amurallada pasarán Bad Gyal, Iván Ferreiro, A M.Ou.D.A ou Ladilla Rusa no último gran festival do verán en Galicia.


Nathy peluso

Nathy Peluso | EP


Foi un verán tan complicado como inesquecible para a maioría, e en Lugo xa traballan para despedilo ao grande. O Caudal Fest reunirá no Xardín do Pazo de Feiras e Congresos a algúns dos artistas máis reclamados do panorama nacional e internacional no último dos grandes festivais do estío en Galicia.


Apurando ata a última semana, os organizadores do Caudal Fest publicaron onte nas súas redes sociais os horarios dos concertos dos días 16, 17 e 18 de setembro, unha edición que arrinca o xoves coa actuación de David Prado ás 19:20 horas nunha xornada onde tamén estarán Iván Ferreiro e Love of Lesbian.


Horarios caudal fest


Xa o venres será a quenda de Toundra ás 18:10, ao que precederán Shinova, Sen Senra e A M.Ou.D.A. Xa o sábado, Kutxi Romero iniciará o último día do festival ás 18 horas, para logo dar paso a Ladilla Rusa, Bad Gyal e Nathy Peluso, que poñerá o punto e final a esta nova edición. 


Todas as xornadas rematarán ás 00:30 horas. Con todo, mentres que o xoves a apertura de portas terá lugar ás 18 horas, venres e sábado será a partir das 17 h cando os asistentes poderán empezar a ocupar os asentos do recinto, dividido en seis sectores e que contará con zonas de restauración e áreas para fumadores. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE