Covid municipios: xa non hai ningunha cidade empeorando en termos semanais pero crecen os casos en Lugo provincia


Agora mesmo o epicentro da pandemia en Galicia está nas comarcas de Arzúa, Melide, A Ulloa e Terra de Lemos, con varios municipios con incidencias semanais superiores a 250, en negro no mapa que a diario actualiza Galiciapress coas cifras do SERGAS.


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios reflicte que Lugo, a provincia con poboación máis dispersa e menos turismo, é curiosamente a que peores niveis soporta.


A súa capital é a única con incidencia semanal superior a 125, en vermello escuro no mapa. Con todo, a razón de taxas de Lugo é menor a 1, polo que sabemos que na última semana alí houbo menos diagnósticos que na penúltima. O mesmo sucede no resto de urbes galegas.


Agora mesmo, o epicentro da pandemia en Galicia está nas comarcas de Arzúa, Melide, A Ulloa e Terra de Lemos, con varios municipios con incidencias semanais superiores a 250, en negro no mapa que a diario actualiza Galiciapress coas cifras do SERGAS.




VARIACIÓN SEMANAL

razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 0,76, o que quere dicir que na última semana houbo un  24% menos de positivos que na penúltima. Se fose 1, significaría que os positivos nin crecen nin baixan desde un punto de vista semanal.


Municipios onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior 1:


  • Betanzos 0,72
  • Palas de Rei 0,73
  • Vigo 0,74
  • Arzua 0,79
  • Lalin 0,80
  • Ames 0,82
  • Vilalba 0,82
  • Arteixo 0,83
  • Coruña (A) 0,86
  • Ribadeo 0,86
  • Cee 0,87
  • Verin 0,88
  • Viveiro 0,88
  • Baralla 0,88
  • Carballo 0,89
  • Santa Comba 0,89
  • Ponteceso 0,91
  • Lugo 0,91
  • Ourense 0,92
  • Noia 0,93
  • Culleredo 0,94
  • Nigran 0,94
  • Oleiros 0,95
  • Monterroso 0,95
  • Ares 0,97
  • Santiago de Compostela 0,99




Municipios onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1:


  • Ribeira 1,03
  • Cangas 1,03
  • Estrada A 1,07
  • Curtis 1,16
  • Tui 1,20
  • Piñeiro (Ou) 1,26
  • Pobra de Trives A 1,32
  • Taboada 1,54
  • Muros 1,55
  • Pobra Do Brollon (A) 1,82



VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte: 


  • Nigrán +1
  • Noia +2
  • Pontevedra +2 


Relación de concellos   cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:


  • Coruña (A) -25
  • Ourense -24
  • Melide -13
  • Monforte de Lemos -12
  • Vigo -12
  • Lugo -11
  • Vilalba -9
  • Arzua -8
  • Carballo -8
  • Santa Comba -6
  • Monterroso -6
  • Santiago de Compostela -5
  • Chantada -5
  • Lalin -5
  • Ames -4
  • Curtis -4
  • Palas de Rei -4
  • Ponteareas -4
  • Ares -3
  • Cee -3
  • Ferrol -3
  • Naron -3
  • Piñeiro (Ou) -3
  • Castro De Rei -3
  • Baralla -3
  • Estrada A -3
  • Vilagarcia De Arousa -3
  • Betanzos -2
  • Culleredo -2
  • Oleiros -2
  • Ribeira -2
  • Cangas -2
  • Redondela -2
  • Muros -1
  • Ordes -1
  • Pobra de Trives A -1
  • Verin -1




A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa: 


 



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Os casos activos descenden en todas as áreas, excepto outra vez na de Lugo, onde aumentan levemente con 1.408 infeccións (seis máis). Deste xeito, A Coruña continúa á cabeza da relación de casos activos, con 1.762 (109 menos); seguida pola área de Lugo, con 1.408 casos; e pola de Vigo, que conta con 1.126 infeccións activas tras negativizarse 124 casos.


Na área de Santiago son 1.283 casos activos (26 menos); na de Ourense hai 654 casos (25 máis); na de Pontevedra hai 478 casos (26 menos); e na de Ferrol son 452 infeccións activas (55 menos). 


DATOS DE HOXE POR ÁREA

Segundo notificou o Sergas, na última xornada detectáronse 57 novos contagios na área sanitaria da Coruña, 53 na área de Lugo, 53 na área de Santiago, 30 na área de Vigo, 12 na área de Ourense, 15 na área Sanitaria de Ferrol e 14 contagios novos na área de Pontevedra .

Teniendo en cuenta estes contagios e as últimas altas epidemiolóxicas (591), o número de casos activos de Covid en Galicia sitúase en 7.163, 359 casos menos que hai un día 




PRESIÓN HOSPITALARIA HOXE POR ÁREA
Con respecto á presión hospitalaria, nas últimas horas contabilizáronse 47 pacientes en UCI (seis menos que nas últimas 24 horas) e 154 hospitalizados en unidades convencionais (un máis).

Por áreas, a carga asistencial baixa en catro das zonas e soben nas da Coruña, Ferrol e Santiago, aínda que lixeiramente. Na coruñesa contan con 16 pacientes en UCI (un menos), pero con dous hospitalizados máis en unidades convencionais (39 en total). Tamén aumentan os pacientes en Santiago, un en planta e outro en críticos, co que quedan con 17 e catro hospitalizados, respectivamente. Por último, na área de Ferrol, aínda que se manteñen en cinco os pacientes en UCI, hai 18 hospitalizados en unidades convencionais (un máis).

O lado positivo represéntano Ourense, que aínda que continúa con sete camas ocupadas en críticos, conta con 18 en planta (dúas menos); en Pontevedra hai un paciente menos en UCI e outro en unidades convencionais (catro e nove, respectivamente). Na área de Lugo, por outra banda, hai dous hospitalizados en críticos (dous menos) e 30 en planta (+1); e a viguesa rexistra nove pacientes en UCI (un menos) e 23 en unidades convencionais (un menos).Ur7ci incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE