As aglomeracións de xente de festa en Salceda leva ás autoridades para programar máis controis

A subdelegación do Goberno na provincia de Pontevedra e o Concello de Salceda de Caselas acordaron o reforzo do control e a vixilancia por parte de Policía Local e Garda Civil nas zonas de lecer nocturno da localidade, tras rexistrarse importantes aglomeracións de xente as últimas fins de semana.

|

Tras as protestas por bulicio na Rúa Pontevedra pola noite, o Concello e a Garda Civil anuncian vixilancia sobre o consumo de droga e alcol


Ru00faa de Pontevedra en Salceda de Caselas nunha imaxe de Google Street View

Rúa de Pontevedra en Salceda de Caselas nunha imaxe de Google Street View 



A subdelegación do Goberno na provincia de Pontevedra e o Concello de Salceda de Caselas acordaron o reforzo do control e a vixilancia por parte de Policía Local e Garda Civil nas zonas de lecer nocturno da localidade, tras rexistrarse importantes aglomeracións de xente as últimas fins de semana.

Así se acordou na reunión extraordinaria da Xunta Local de Seguridade, celebrada a pedimento do Concello, despois de que as últimas fins de semana detectouse a presenza de numerosas persoas, tras o peche dos locais de lecer, na zona da rúa Pontevedra, causando mesmo problemas de descanso, polos ruídos, aos veciños.

CONTROIS DA GARDA CIVIL
Durante a reunión celebrada este xoves deseñáronse diferentes de dispositivos de coordinación e cooperación entre as forzas de seguridade para a realización de patrullas conxuntas, que velarán polo cumprimento das medidas sanitarias e as limitacións establecidas con motivo da pandemia de Covid.

Ademais destes operativos no centro urbano, a Garda Civil levará a cabo unha intensa vixilancia dos accesos á localidade mediante diferentes controis de drogas e alcol.

CRIMINALIDADE
Por outra banda, na Xunta Local de Seguridade de analizaron os datos de criminalidade de Salceda relativos aos sete primeiros meses do ano, nos que se rexistrou un descenso do 22 % no número de delitos con respecto ao mesmo período de 2019 (non se tivo en conta o ano 2020 pola situación extraordinaria de confinamento e estado de alarma).

En todo caso, a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, alertou de que, a pesar da baixada xeral no número de delitos, hai unha "preocupante subida" dos chamados 'ciberdelitos'.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE