O brote na residencia San Votiro de Baralla eleva os casos en residencias de maiores a 86 positivos

O número de casos de covid nas residencias de maiores aumentou nas últimas 24 horas, e subiu ata os 86 positivos. A pesar de negativizarse dúas infeccións, unha na residencia Santa Marta de Vigo e outro na de Ribadeo, notificáronse 13 contagios novos que pertencen, concretamente, á residencia San Vitorio, en Baralla (12) e As Gándaras, en Lugo (1).

|

A residencia San Vitorio de Baralla conta na actualidade con 23 casos activos despois de ver subir as súas cifras nunha ducia de novos positivos.


A residencia lucense das Gándaras e a residencia García Irmáns de Betanzos, con 38 e 20 contagios, son as outras dúas máis afectadas en Galicia. 


Residencia san vitorio baralla

Exteriores da residencia San Vitorio | Foto: Google Maps


O número de casos de covid nas residencias de maiores aumentou nas últimas 24 horas, e subiu ata os 86 positivos. A pesar de negativizarse dúas infeccións, unha na residencia Santa Marta de Vigo e outro na de Ribadeo, notificáronse 13 contagios novos que pertencen, concretamente, á residencia San Vitorio, en Baralla (12) e As Gándaras, en Lugo (1).

Deste xeito, volve aumentar o número de contaxiados por coronavirus neste tipo de centros, tras reducirse as infeccións notablemente na xornada anterior, debido sobre todo á baixada nas Gándaras, a maior residencia de maiores da provincia de Lugo, que chegou a ter 72 casos positivos da enfermidade.

Así, neste centro quedan 38 residentes con Covid, mentres que hai outros 20 na residencia García Irmáns de Betanzos. Por outra banda, ascenden a 23 os casos na residencia San Vitorio de Baralla, tres permanecen activos en Santa Marta de Vigo, un en Santo Estevo de Perlío en Fene, e un en DomusVi Coruña (Oleiros).


CENTROS DE DISCAPACIDADE

Con respecto aos centros de discapacidade, recibiron o alta os dous casos activos que quedaban no Hogar e Clínica San Rafael de Vigo. Así, segue habendo 12 contaxiados no CAPD de Redondela.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE