Piden axuda para atopar a María Chico, unha septuaxenaria con alzhéimer de Enfesta (Santiago)
O equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) e a Policía Nacional ha activado un operativo de procura dunha septuaxenaria desaparecida a mañá deste domingo na parroquia de Enfesta (Santiago de Compostela).
A muller desaparió na Torre de Enfesta o sábado, ten 76 anos, padece alzhéimer, mide 1,50, ollos castaños, leva lentes gradadas, pantalón azul e xersei cor café, indica SOS Desparecidos.
María Mozo nunha imaxe de SOS Desparecidos
O equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias e a Policía Nacional mantñen un operativo de procura dunha septuaxenaria desaparecida a mañá deste domingo na parroquia de Enfesta (
Santiago de Compostela).
Segundo informou 112 Galicia, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) soubo que a muller, que ao parecer ten problemas de saúde, faltaba da súa casa pouco antes das 10,00 horas a través dun aviso da Policía Nacional.
A partir dese momento, solicitouse a axuda de efectivos de emerxencia para buscala e, en concreto, da Unidade de Drons da Axega, que conta con vehículos aéreos non tripulados para rastrexar a zona e facilitar a procura.
Así mesmo, o operativo segue os labores de procura e conta tamén coa colaboración da Garda Civil, do Grupo de Cans de Rescate de Protección Civil de Padrón e dos efectivos de Protección Civil da localidade.
Escribe o teu comentario