Indicios leves de que a baixada do covid en Galicia está a perder folgos tras máis de 100 positivos hoxe

Os 106 novos positivos por PCR confirmados hoxe son a peor cifra nos últimos 10 días e a segunda vez en todo o mes que pasamos a barreira de 100. Isto contribúe a que a incidencia semanal rebote un pouco, aínda que segue en risco baixo.


|

Os 106 novos positivos por PCR confirmados hoxe son a peor cifra nos últimos 10 días e a segunda vez en todo o mes que pasamos a barreira de 100. 


Isto contribúe a que a incidencia semanal rebote un pouco, aínda que segue en risco baixo. Pola contra, non é suficiente para cortar o descenso da incidencia bisemanal.





Así, a incidencia acumulada semanal sobe de 20,71 a 21,30. É a primeira vez que repunta no que levamos de xuño, aínda que xa hai días o seu descenso viña perdendo potencia.


Abrindo o foco a dúas semanas, a incidencia acumulada a 14 días baixa  de 47,93 a 46,49. Este indicador -máis estable que a súa irmá pequena- non subiu ningún día deste mes. De feito, está no valor máis baixo desde que Galiciapress empezou a calculalo (a Xunta non facilita a diario), alá polo 18 de agosto.


O dobre da incidencia semanal (42,6 ) é menor que a incidencia bisemanal (46.49). Así sabemos que na última semana houbo menos positivos que na penúltima. Agora ben, a diferenza está a recortarse. 


A taxa de positividade de hoxe (2,64%) non é demasiado boa, pero só se a comparamos co excelente refacho que leva o SERGAS. É a peor cifra desde o 20 de maio. A media móbil semanal repunta, case nada iso si, pasa de 2% a 2,05%.


SITUACIÓN DOS INDICADORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS

Segundo os criterios do semáforo de alertas oficial, calquera media semanal por baixo do 4% coloca á taxa de positividade en nova normalidade, en mellor dos niveis posibles. 


A  incidencia bisemanal mantén o risco baixo pese ao leve repunte de hoxe. Afástase iso si o día no que Galicia conquiste a nova normalidade. De manter o ritmo de caída que levabamos este mes ata onte, o país conquistaría a nova normalidade a finais de xuño.



Os datos non particularmente bos de hoxe apenas fan efecto na incidencia bisemanal, indicador máis estable e pouco propenso a cambios de rumbo, xa que depende de datos de 14 días. A súa curva segue baixando a bo ritmo.



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un -2%. A media móbil semanal pasa dun -4% a -3.6%. 


Non é unha boa noticia que empezo a aproximarse a cero. Isto indica que os casos activos seguen descendendo, pero que o seu ritmo de descenso empeza a perder fol.



En termos absolutos,  hoxe hai un descenso de  32 que deixa o total de casos activos en Galicia en  1.581 casos activos


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:

  • A pandemia está nunha fase de descenso en Galicia. Todos os indicadores seguen á baixa, máis aló da incidencia semanal, cuxo rebote hoxe pode ser un feito puntual.
  • Con todo, empezan a aparecer indicios -non sinais claros- de cambio de tendencia. En particular, que a curva da derivada de casos activos frease o seu descenso, encadeando catro días case plana. Se empeza a aproximarse a cero, isto indicaranos que a pandemia empeza a frear cada vez menos e menos.   
  • OL6XC porcentaxe de cambio diario de casos activos de coronavirus en galicia


  • Neste contexto, o SERGAS está a facer cada vez menos test. A media semanal na cuarta 'olita' chegou case a 8.200 a mediados de maio. Agora caeu a uns 4.000 PCR/día. Con todo, a taxa de positividade non creceu de maneira relevante e segue no mellor dos niveis posibles de o semáforo. Isto indica que, en principio, o volume de PCR da Xunta é suficiente para manter controlada a pandemia.


DATOS POR ÁREAS

O repunte de positivos de hoxe está alimentado sobre todo polos 42 diagnósticos da Coruña, que supoñen case o 40% dos de toda Galicia, unha porcentaxe esaxerada comparándoo co que pesa a poboación coruñesa no conxunto da poboación galega.



Unha das mellores noticias de hoxe é que Ourense queda sen pacientes críticos. Conségueo, ademais, nun día no que Sanidade non comunica ningún falecemento.   



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE