Revisan as contas bancarias do veciño de Navia de Suarna que leva dez días desaparecido
O operativo de procura céntrase agora en esclarecer se se trata ou non dunha desaparición voluntaria.
De momento as autoridades afirman que "non hai ningún sinal" do desaparecido despois dunha semana e media de busqueda constante na zona.
Desaparecido en Navia de Suarna | Foto: G24
O alcalde de Navia, Pepe Fernández, manifestou que "non hai ningún sinal" desta persoa desaparecida o pasado 30 de abril. Neste sentido, indicou que llean "máis dunha semana buscando, andando por todo o pobo --pistas, camiños...-- e non hai ningún sinal, de ningún tipo e ninguén chamou dicindo que o viran".
Fernández lembra que é a Policía Xudicial da Garda Civil a que leva a investigación e apuntou que se está investigando "se se marchou por propia vontade e estivese noutro sitio".
Así, nas últimas horas iniciouse unha revisión das contas bancarias, para tratar de rastrexar eventuais movementos e tamén no seu teléfono móbil, que quedou na casa o día en que desapareceu.
O alcalde de Navia indicou que se descoñece se a desaparición foi programada ou non. "Non se se é algo programado, porque parece coma se fose todo moi organizado", sinalou, sobre a súa impresión dos sucedido, respecto diso do que especulou con que "se pode ir por aí á aventura ou con algunha persoa, ou que el haxa programado algunha cousa, pero non hai indicios de nada". "Moita sospeita pero non sabemos nada fixo", concluíu.
Escribe o teu comentario