Desparecido desde o venres, un ancián é atopado nun monte de Rois por unha axente forestal

Un axente forestal localizou na mañá deste luns nun monte de Rois (A Coruña) a un home de 80 anos que se atopaba desaparecido desde o domingo.

|

Unha axente forestal atopouno "en bo estado físico" nun monte de Rois despois de varias noites desaparecido e un amplo disposito montado na súa busca



O ancián foi trasladado en ambulancia segu00fan mostra a foto de Aprafoga

O ancián foi trasladado en ambulancia segundo mostra a foto de  @UGTForestaisGZ


Un axente forestal localizou na mañá deste luns nun monte de Rois (A Coruña) a un home de 80 anos que se atopaba desaparecido desde o domingo.


DENUNCIA O DOMINGO POLA NOITE

O axente participaba no operativo de procura articulado desde a central do 112 para dar co paradoiro deste home, cuxa desaparición foi denunciada na noite do domingo.

Así, un dispositivo composto por catro axentes forestais, tres brigadas dos bombeiros forestais e persoal da Garda Civil e de Protección Civil iniciaron as tarefas de peiteado da proximidades onde fora visto por última vez.

O home foi localizado en perfecto estado de saúde ao redor das 12,00 horas deste luns no monte de Vilar de Abade, na parroquia de Sarribas, segundo trasladou o goberno local de Rois.

"Os axentes forestais estamos dispostos a colaborar en todas as accións nas que podamos ser de axuda", manifestou o presidente da Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (Aprafoga), Félix Pérez de la Fuente.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE