23 positivos entre alumnos dun colexio privado nun brote con probable transmisión escolar en Ferrol
Os casos detectados nas probas, que aínda seguen adiante, motivaron o peche de catro clases
Na listaxe do SERGAS onte, había 5 positivos no colexio dos Pais Mercedarios. Hoxe son case cinco veces máis, 23, segundo as fontes da Xerencia local. Con todo, na listaxe oficial de hoxe só aparecen 10.
Segundo acaba de publicar a dirección, hai 3 positivos en Bacharelato e 20 positivos en ESO. Non hai ningún traballador afectado.
O colexio seguirá funcionando mentres se completa o cribado, pero hai catro aulas pechadas, que pasan a teledocencia
Un cribado levado a cabo pola Consellería de Sanidade no colexio Tirso de Molina de Ferrol destapou 23 casos positivos en covid-19, todos eles asintomáticos.
PODE HABER MÁIS POSITIVOS
As probas iniciáronse o xoves e finalizarán este venres, cando se completará o diagnóstico de 390 estudantes e profesores.Fonte consultadas por Europa Press aseguran que todos os positivos detectados son asintomáticos e entre eles non está afectado ningún profesor.
Esta situación derivou en o peche de catro aulas deste centro educativo privado situado no barrio da Magdalena, na rúa Arce, onde se imparten ensinos de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.
A dirección do centro acaba de publicar un comunicado no que indica que os niveis de Primaria e Intantil non están afectados por agora e seguirán funcionando con normalidade:
Escribe o teu comentario