Covid na escolas: menos de 1.500 casos, pero preocupan o CEIP Lagostelle de Guitiriz e o CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso

A incidencia da covid-19 nos centros educativos galegos segue en descenso continuado. O número de casos en activo totais sitúase nos 1.414 positivos, o que supón unha redución de máis de 200 respecto ao último balance facilitado pola Xunta este sábado.

|

Os datos dos centros CEIP Plurilingüe Lagostelle e o IES Poeta Díaz, ambos de Guitiriz, marcan a evolución do municipio, do mesmo xeito que ocorre en Ponteceso con o CEIP Eduardo Pondal.


No conxunto de Galicia os casos activos redúcense en 262 casos desde a última actualización, aínda que o CEIP Pardai de Lugo segue sendo o máis afectado da comunidade. 



A incidencia da covid-19 nos centros educativos galegos segue en descenso continuado. O número de casos en activo totais sitúase nos 1.414 positivos, o que supón unha redución de máis de 200 respecto ao último balance facilitado pola Xunta este sábado.


A baixada tamén se reflicte na baixada de aulas pechadas ata unhas 60, ademais de dúas escolas clausuradas na súa totalidade. En concreto, trátase do centro infantil Globos de Pontevedra e do punto de atención á infancia de Guitiriz, en Lugo, este último con 11 positivos nas súas instalacións.


O total de positivos redúcese, ademais, en todas as áreas sanitarias galegas. A Coruña segue liderando o máximo de casos, con 459 e unha decena de aulas clausuradas. Os centros con máis positivos son o privado Plurilingüe Fogar de Santa Margarida con 18, o Liceo A Paz con 13 e o CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso, cos mesmos casos.


A área de Vigo, pola súa banda, suma 253 positivos e 10 aulas clausuradas, onde destaca o centro plurilingüe O Pilar con 24 positivos e catro unidades afectadas.


Así mesmo, na área de Lugo rexístranse 192 positivos, nove unidades e un centro pechado, entre os que destaca especialmente o CEIP Paradai con 41 contagios e sete unidades pechadas, o foco de maior incidencia de toda Galicia.


Outros casos reseñables son o CEIP Plurilingüe Lagostelle, con 21 positivos, e o IES Poeta Díaz Castro con 19, ambos de Guitiriz.


RESTO DE ZONAS

Os centros da área de Pontevedra sitúanse en 184 positivos e 20 unidades e un centro pechados, mentres que os da área de Santiago atópanse nos 150 casos con cinco unidades afectadas. Entre eles destaca a situación no colexio La Salle, con 19 positivos e polo menos dúas aulas pechadas.


Finalmente, Ferrol rexistra 99 positivos e dúas aulas pechadas, aínda que o caso máis destacado é o centro privado Santiago Apóstolo de Narón cunha vintena de contagios, mentres que Ourense pecha a listaxe con 77 contagios e unhas catro aulas afectadas.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE