Concellos traban vacinación de traballadoras de axuda no fogar ao non remitir listas ao SERGAS
Ata o de agora, Galicia vacinou a 1.656 profesionais de Axuda non Fogar e continúa coa citación doutros 6.184
ACTUALIZADO: Santiago, A Coruña, Carral, Cambre, Valdoviño e Betanzos desmenten ao SERGAS sobre as trabas á vacina
Santiago e A Coruña son dous dos municipios que aínda non remitiron as listaxes, segundo a Xunta.
Con todo, a fiabilidade da acusación da Xunta queda en dúbida pois o Concello de Carral, que figura na lista, asegura que os seus traballadores están a se vacinar hoxe mesmo no CHUAC.
Unha traballadora de axuda a domicilio nunha foto de arquivo / EP
MENOS DE 8.000 IDENTIFICADOS PARA VACINAR
Con esta información, a Xunta de Galicia procedeu xa á administración da vacina a un total de 1.656 persoas traballadoras dos SAF e avanzou no proceso de citación para proceder a vacinar a 6.184 máis que foron identificados nos últimos listados recibidos e aos que se sumarán os das listaxes que se reciban este xoves.
Con todo, Sanidade explicou que, para completar este proceso, é necesaria a remisión de información por parte dos 43 concellos cuxos datos aínda non foron enviados á Consellería de Sanidade nin directamente nin a través da FEGAMP.
Estes concellos, indica a Xunta, son Allariz, Ames, Amoeiro, Ares, A Baña, Bergondo, Betanzos, Boiro, Cabanas, Cambre, O Carballiño, Cariño, Carral, Castro Caldelas, Cedeira, Cee, A Coruña, Malpica de Bergantiños, Mañón, Meira, Melide, Moaña, Monfero, Narón, Neda, Negueira de Muñiz, Negreira, Oleiros, Ortigueira, Paderne, Padrón, O Porriño, Ponteceso, Rianxo, Ribadeo, O Rosal, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Santiso, Teo, Valdoviño, Vila de Cruces e Xunqueira de Espadanedo.
CARRAL DESMENTE A ACUSACIÓN DA XUNTA
Nesa relación oficial da Xunta figura Carral. Con todo, fontes oficiais do concello de Carral chamaron a Galiciapress para puntualizar que non é certo. De feito, afirman que as súas traballadoras de axuda a domicilio están a se vacinar agora mesmo no Hospital da Coruña (CHUAC).
Escribe o teu comentario