SATSE denuncia discriminación na campaña de vacinación galega: "Os enfermeiros somos primeira liña contra a Covid"

Desde o Sindicato de Enfermería sinalan que durante o proceso detectáronse nalgunhas áreas sanitarias distincións entre categorías profesionais a pesar de traballar no mesmo servizo e atoparse exposto aos mesmos riscos.


|

Desde o Sindicato de Enfermería sinalan que durante o proceso detectáronse nalgunhas áreas sanitarias distincións entre categorías profesionais a pesar de traballar no mesmo servizo e atoparse exposto aos mesmos riscos.


SATSE reclama ás sete xerencias que cumpran o plan de vacinación pactado e que se corrixan os “agravios comparativos observados”.


Unha enfermeira vacúa a unha sanitaria contra o coronavirus

SATSE denuncia disciminación na vacinación ao persoal sanitario


Así, detallan que persoal de enfermería en unidades como quirófano, cirurxía, medicina interna ou partos non foron vacinados, segundo indica a secretaria autonómica do sindicato, Malules Carbajo, que esixe ás xerencias que garantan a protección ao persoal sanitario cando este atópase na primeira liña da fronte de batalla e con contacto continuo cos pacientes.


En SATSE recoñecen que existe nestes momento un certo “malestar” e así llo fixeron saber ás xerencias, que mesmo emendaron nalgúns casos os erros detectados.  


MÁIS PERSOAL

A todo isto, desde SATSE lembran a principal reivindicación que levan realizando desde hai xa moitos meses: falta persoal de enfermería. Unha carencia que se agrava a medida que crece o número de profesionais afectados polo coronavirus. En torno ao 35% do persoal contaxiado é de enfermería. “A Administración ten que garantir a seguridade dos seus traballadores, como é a súa obrigación”, sostén Carbajo.



“Toda baixa motivada por contraer a enfermidade supón, ademais dun grave prexuízo e risco severo para a saúde dos profesionais que están día a día en primeira liña, unha maior sobrecarga laboral para os seus compañeiros/as e unha peor atención aos pacientes”, destaca SATSE no seu comunicado, á vez que insiste en vacinar ao persoal que quedou atrás nesta segunda fase 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE