"Risco importante de exposición" ao covid na UCI de Santiago, detecta un informe oficial, segundo a CIG

A área sanitaria apunta que os profesionais teñen á súa disposición todos "recursos preventivos existentes necesarios" para evitar contagios

|

A Xunta rebate que os traballadores teñen todos os medios posibles á súa disposición. Os operarios da UCI levan desde antes do verán denunciando carencias, polo que están en folga, con 100% de servizos mínimos. Tamén protestou recentemente a Asociación de Pacientes.


A CIG pediu este venres ante a Inspección de Traballo a paralización da actividade da UCI de adultos do Clínico de Santiago polo "incumprimento da normativa" de prevención e o "risco importante de exposición á covid-19".


Camas UCI no CHUS con excasa separaciu00f3n nunha foto publicada pola Asociaciu00f3n de Pacientes e Usuarios

Camas UCI no CHUS con excasa separación nunha foto publicada pola Asociaciónn de Pacientes e Usuarios  


NOVE SEMANAS DE PROTESTAS

Esta petición materialízase despois de que, segundo recolle a CIG nun comunicado, unha avaliación realizada a principios de decembro detectase nesta UCI "un risco importante na exposición á covid-19", o que, aducen, "segundo os protocolos obriga a Xerencia para realizar unha planificación preventiva e adoptar de maneira inmediata unha serie de medidas para controlar e reducir estes riscos, tales como contar con box pechados individuais cunhas dimensións adecuadas para a atención a enfermos críticos; prever as necesidades de equipamento; adecuar o número de box á presión asistencial; ou dotarse dos medios humanos e materiais que sexan precisos".

"Pero, a día de hoxe, e a pesar do contundente resultado da avaliación de riscos, e de que os traballadores levan nove semanas en folga para esixir unhas condicións dignas, a realidade é que a Xerencia continúa sen corrixir as deficiencias e sen aplicar as medidas preventivas para minimizar as posibilidades de contaxio e protexer a saúde do persoal sanitario e dos enfermos", denuncia a CIG.

O sindicato, lembran, leva "meses reclamando que se acometan as reformas comprometidas para resolver as deficiencias estruturais de esta unidade" e "demandando medidas organizativas e preventivas que permitan traballar e recibir atención sanitaria en condicións de seguridade, sen que ata o momento fíxose unha soa actuación neste sentido", sosteñen.

TODOS Os RECURSOS PREVENTIVOS
Fronte a estas acusacións, fontes da área sanitaria lembraron que "é coñecido por toda a poboación" o "importante risco que supón para os profesionais da sanidade atender a pacientes covid en todos os centros sanitarios", unha cuestión que "vén informando por parte das autoridades sanitarias e sociedades científicas desde o inicio da pandemia".

Con todo, aducen, a profesionais da área sanitaria de Santiago "teñen á súa disposición todos os recursos preventivos existentes necesarios, así como as medidas de xestión oportunas", entre elas, "a máis importante e recente, a vacinación dos profesionais que se iniciou esta semana en Galicia".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE