Covid por municipios: Segue disparado na Coruña, Santiago, Ourense, Viveiro, Xove e outros concellos
on 10.215 casos activos, 736 máis que hai 24 horas e 3.600 máis tomando como referencia as cifras de hai unha semana.Por áreas tamén é a da Coruña a que peores cifras ten con 2.464 casos activos (+204), seguida por Santiago con 1.983 (+97) e Vigo, que contabiliza 1.893 (+173).Pola súa banda, Ourense tamén supera o milleiro con, en concreto, 1.348 persoas con covid-19 activo (+116).
A alarmante subida do coronavirus esténdese practicamente a toda Galicia. As cidades de Santiago de Compostela e A Coruña volven ser as que acumulan máis enfermos en termos absolutos.
Hai outros municipios máis pequenos -como Xove ou Viveiro- que tamén experimentan saltos alarmantes.
A Coruña conta xa 942 positivos nas últimas dúas semanas. A cidade leva dous días seguidos sumando máis de 50 ao seu cómputo, algo que xamais pasara ata a data.
A incidencia acumulada a dúas semanas ascende ata 381 diagnósticos por cada 100.000 coruñeses. Máis do triplo da que había en Nadal e non hai ningún sinal de cambio de tendencia á vista.
Santiago está aínda peor que A Coruña, cunha incidencia acumulada de 416. Tampouco hai indicios en Compostela de ningún cambio de tendencia.
De feito, o ascenso de hoxe (+52) no cómputo a 14 días de Santiago é simplemente brutal. O anterior máximo fora +34, o 7 de xaneiro.
Ourense supera xa os 400 na incidenci acumulada a dúas semanas a dúas semanas. A cidade mantivo controlada a epidemia ata, aproximádamente, Fin de Ano.
Desde entón a subida é cada vez máis rápida. A incidencia acumulada multiplicouse por 2,6 desde Ano Novo.
A lista de municipios cuxo cómputo de positivos a 14 días máis crece hoxe é:
- Poio +15
- Ponteareas +15
- Salvaterra De Miño +15
- Cambre +17
- Tomiño +19
- Arteixo +29
- Xove +31
- Viveiro +33
- Vigo +37
- Ourense +44
- Santiago de Compostela +52
- Coruña (A) +56
A relación de municipios cuxo cómputo descende é máis pequena e os seus números moito máis reducidos.
- Lugo -8
- Ames -7
- Abegondo -5
- Rianxo -4
- Cambados -4
- Estrada A -4
- Mos -4
A CIDADE DE LUGO RESISTE POR AGORA
A pesar da grave subida na Mariña, as mellores noticias achégaas a capital provincial de Lugo (-8), despois de dous días seguidas de fortes subidas na cidade amurallada.
Isto permítelle a Lugo ser a única cidade cunha incidencia acumulada a dúas semanas menor a 150. Por iso é a única urbe do país que se mantén en risco medio (en rosa escuro no mapa), de acordo os baremos pactados no seu día por Estado e autonomías para o semáforo de alertas. O resto está en risco extremo (en vermello no mapa), salvo Pontevedra en risco alto (en laranxa no mapa).
A gran maioría dos concellos da Provincia da Coruña xa están no nivel de alarma extremo. Só Aranga e Irixoa aguantan por baixo dos 25 positivos por 100.000 habitantes en dúas semanas:
A evolución dos positivos nos últimos 14 días de todos os concellos de Galicia pode consultarse na táboa ao final desta noticia.
CASOS ACTIVOS POR ÁREAS SANITARIAS
A gravidade do empeoramento a partir de Nadal é evidente a primeira ollada no gráfico de infectados por áreas sanitarias. Todas están, en menor ou maior medida, á alza.
A curva menos empinada é a de Pontevedra, aínda que tamén tende cara arriba desde aproximadamente unha semana. A Coruña, con case 2.500 casos activos, vai camiño de superar pronto o récord de enfermos de Vigo este outono.
O volume de novos mantido ao longo dos últimos días fai que o total de persoas con enfermidade activa pase este xoves o limiar dos 10.000. En total, son 10.215 casos activos, 736 máis que hai 24 horas e 3.600 máis tomando como referencia as cifras de hai unha semana.
Por áreas tamén é a da Coruña a que peores cifras ten con 2.464 casos activos (+204), seguida por Santiago con 1.983 (+97) e Vigo, que contabiliza 1.893 (+173).
Pola súa banda, Ourense tamén supera o milleiro con, en concreto, 1.348 persoas con covid-19 activo (+116). En Lugo son 945 (+55), en Pontevedra, 867 (+35) e en Ferrol, 710 (+51).
ÚLTIMAS CIFRAS POR ÁREAS SANITARIAS
En canto ao volume de positivos, A Coruña e Vigo achegan case a metade do milleiro de novos casos diagnosticados nunha xornada na que unicamente a área de Ferrol reduciu o número de contagios detectados respecto ao día previo.
Así, na área herculina deron positivo na proba PCR 256 persoas (+27) e na olívica 214 (+14). Ao bordo dos 200 quedou Santiago, onde houbo 197 positivos (+48).
Tamén pasou o centenar de casos Ourense con 125 (+7), mentres que en Lugo foron 97 (+7) e en Pontevedra, 75 (+14). Deste xeito, só Ferrol baixa en número de positivos este xoves ao diagnosticarse covid a 61 persoas, 10 menos que nos datos do mércores.
545 HOSPITALIZADOS, 82 EN UCI
En comparativa coas cifras de hai 7 días, o número de ingresados nos hospitais galegos ha crecido un 25% no cómputo global e un 30% nas unidades de coidados intensivos.
O aumento tamén é significativo respecto a os datos do día anterior, pois se produce un aumento de 34 persoas ingresadas, o que deixa o global en 545 pacientes covid. Deles, 82 está en UCI, 9 máis que hai 24 horas.
O maior número de hospitalizados concéntrase un día máis na área da Coruña-Cee, que suma 20 novos ingresados que elevan a 150 o total con 27 deles en coidados intensivos (+5). Tamén alcanza a centena o distrito de Santiago-Barbanza, que acolle a 100 pacientes nos seus hospitais (+1), 8 nas UCI (+2).
Ferrol é o único distrito sanitario no que non aumenta o total de hospitalizados (mantense en 79) aínda que si o fan a pacientes UCI ata os 5 (+1). Tras as áreas coruñesas está Vigo, que contabiliza 69 pacientes (+3), 22 en críticos (sen cambios).
En Pontevedra tamén repuntan ata os 60 hospitalizados (+3), aínda que se relaxa minimamente a presión sobre as UCI con 9 pacientes (-1). En Ourense soben a 53 os ingresados con coronavirus (+5), dos cales, 7 precisan coidados intensivos (+3); mentres que os hospitais de Lugo suman dous novos pacientes ata os 34, 3 deles en críticos (-1).
Escribe o teu comentario