A igrexa alonga o Xacobeo ata 2022 debido ao impacto do coronavirus

A Igrexa católica non se caracteriza precisamente por variar con facilidade as súas tradicións. Con todo esta vez escoitou as peticións da Xunta e sorprendentemente o Xacobeo 2021 será tamén Xacobeo 2022.


|

A Igrexa non se caracteriza precisamente por variar con facilidade as súas tradicións. Con todo esta vez escoitou as peticións da Xunta e sorprendentemente o Xacobeo 2021 será tamén Xacobeo 2022.



O Nuncio da súa Santidade o Papa de Roma, durante o acto solemne de apertura da Porta Santa da Catedral de Santiago.


A Santa Sé decretou a prolongación do Ano Santo 2021 durante todo o ano ano 2022 polas circunstancias excepcionais que rodean a súa celebración por mor da pandemia de covid-19.


O Arcebispo De Santiago, don Julián Barrio, durante o acto solemne de apertura da Porta Santa da Catedral de Santiago, que dá inicio ao Ano Santo 2021, en Santiago de Compostela.


SORPRESA 

Así o anunciou o nuncio apostólico para España, Bernardito Auza, ao concluír a eucaristía coa que finalizou a apertura da Porta Santa, xusto antes de que dese comezo o voo do botafumeiro.

Auza tomou a palabra para dar lectura a un decreto da penitenciaría apostólica, datado a inicios deste mes de decembro, no que, teniendo en cuenta as difíciles circunstancias que se viven en todo o mundo pola pandemia da covid-19, o Papa acorda prorrogar os dons espirituais vinculados ao Ano Santo durante todo o 2022.

Tras recibir a noticia, o arcebispo compostelán, Julián Barrio, expresou o seu "agradecemento profundo" por "esta graza" concedida polo Santo Pai, que, explicou, alegrará a "tantos e tantos peregrinos" que ao longo destes dous anos chegarán ante a tumba do Apóstolo e poderán entrar pola Porta Santa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE