O SERGAS lanza cribados masivos en Negreira e Carnota tras atopar moi poucos casos en Moaña
Só o 0,5% dos que acudiron ao cribado de Moaña deron positivo, cinco persoas entre case 9.000. A pesar do moi baixa porcentaxe dalgúns cribados, o SERGAS continúa con esta estratexia para detectar asintomáticos nalgúns municipios.
Sanidade confirmou este venres que o cribado masivo realizado na localidade pontevedresa de Moaña desvelou cinco casos positivos de COVID-19, entre as case 9.000 persoas que foron sometidas a probas.
Así, o Sergas citara finalmente a 12.109, que eran as que cumprían os requisitos esixidos --ser maior de 15 anos, ter tarxeta sanitaria e estar dado de alta no sistema 'Lembra'--, a pesar de que a previsión inicial era convocar a case 20.000 persoas.
Dos pacientes citados, acudiron a realizarse os test 8.902 (un 73,5 %). A maior parte deles foron sometidos a probas PCR a través de saliva (7.815), mentres que o resto (1.087) fixéronse probas con extracción de mostra nasofarínxea. Do total, detectáronse cinco casos positivos.
Nos últimos días, o Sergas tamén trasladou outros resultados de cribados. Segundo informou, nas probas realizadas en Tui, Redondela e o CIFP Manuel Antonio de Vigo, detectáronse un total de 23 casos de COVID (4 en Tui, 6 en Redondela e 13 no centro educativo).
Ademais destas análises, que se realizan para localizar a persoas infectadas que non teñan síntomas, tamén se está cribando á poboación asignada a varios centros de saúde de Vigo, así como pacientes de Chapela-Redondela, Gondomar e Cangas.
CRIBADOS EN NEGREIRA E CARNOTA
Por outra banda, o Sergas citará a un total de 2.818 persoas para dúas cribados por PCR que acometerá esta fin de semana entre a poboación dos municipios coruñeses de Negreira e Carnota.
En concreto, en Negreira será no centro de saúde da localidade ao longo da xornada do sábado. Estarán chamados a participar 1.459 persoas con idades comprendidas entre os 30 e os 44 anos.
En canto ao cribado de Carnota, serán 1.359 persoas, con idades de 15 a 74 anos, as que estarán chamadas a acudir ao centro de saúde, onde catro equipos de enfermería tomarán as mostras.
Segundo informa a área Sanitaria de Santiago-Barbanza, a poboación será citada a través dun SMS no que figurará a hora e a dirección á que deben acudir, así como un código 'QR' para a súa identificación persoal. A toma de mostras será naseofaríngea e as PCR serán analizadas pola técnica de 'pooling'.
Escribe o teu comentario