A Xunta busca arrinconar ao coronavirus cun cribado ao sector da hostalería e o turismo

A Consellería de Sanidade realizase un cribado de detección da Covid-19 entre os traballadores do sector da hostalería e do turismo ao longo das próximas semanas.

|

A Consellería de Sanidade anunciou a súa intención de realizar un cribado entre os traballadores da hostalería galega e vinculados ao turismo co fin de coñecer a situación epidemiolóxica en dúas dos sectores máis expostos tanto á hora de contaxiar como de ser contaxiado. 


Desde o sector levan meses reclamando máis axudas para os negocios, unhas prestacións que desde a Xunta indican que xa se están empezando a cobrar.


Reunión entre a Xunta e hostaleiros de Pontevedra


A Consellería de Sanidade realizase un cribado de detección da Covid-19 entre os traballadores do sector da hostalería e do turismo ao longo das próximas semanas.

Asou anunciouno este luns o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, quen destacou que o obxectivo é "chegar á maior parte do persoal da hostalería que está a traballar", coa premisa de que "canta maior seguridade sanitaria, mellor".

Rueda trasladou esta acción aos representantes do sector durante unha nova reunión por videoconferencia, que contou coa participación do titular de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.

Este encontro inscríbese nos contactos que se están mantendo con representantes do sector hostaleiro para habilitar axudas e fixar os criterios de desescalada.

Rueda indicou que o obxectivo é facer un cribado entre os establecementos que están abertos, en coordinación coas asociacións que representan ao sector, para dar "máis seguridade" a traballadores e tamén á clientela.


AXUDAS Á HOSTALERÍA

Así mesmo, lembrou que a hostalería é un dos sectores que está a resultar máis afectado polas consecuencias da pandemia de coronavirus, polo que a Xunta habilitou un amplo abanico de axudas "que se están axilizando ao máximo".
 

De feito, Alfonso Rueda sinalou que "xa están a empezar a cobrar as axudas da liña de autónomos", a primeira en convocarse, e que se espera que "en breve" comecen a chegar as das outras subvencións para que "o diñeiro chegue cando máis o necesitan".

Todas as axudas son complementarias e acumulables entre si polo que, no caso dos autónomos con establecementos hostaleiros, as contías das axudas poderán chegar ata os 9.200 euros.

Ata o día de hoxe, a Xunta recibiu preto de 36.000 de solicitudes dalgunha das axudas do Plan de rescate. De ser necesario, desde a Consellería lembran que non se descarta manter as axudas no próximo 2021.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE