​O Alavés carbura a ritmo de muiñeira

Catro do últimos cinco goles do cadro babazorro foron obra dos galegos Lucas Vázquez e Joselu.


|

Catro do últimos cinco goles do cadro babazorro foron obra dos galegos Lucas Vázquez e Joselu.


Alaves

Lucas Pérez, Xota e Joselu, de xeonllos no chan, comandan ao Alavés | Foto: A liga 


Cando comezou o curso alá polo mes de agosto, os prognósticos indicaban que un dos equipos que comprara máis papeletas para un billete a Segunda División era o Deportivo Alavés. Os de Vitoria, que serán centenarios o próximo 23 de xaneiro, suman a súa quinta tempada consecutiva en Primeira e na última lograron unha permanencia agónica na elite, en gran medida grazas ao papel de Lucas Pérez e Joselu. Agora, a dupla de atacantes parece recuperada para a causa e súmase como escudeiro Xota Peleteiro, a última incorporación galaica do conxunto alavesista.


Con catro puntos nos seus seis primeiros choques, o Alavés de Pablo Machín comezou a tempada con moitas dúbidas, tanto no seu xogo como no seu estilo. Só seis partidos despois, os branquiazuis non saben o que é perder desde o 18 de outubro, fixeron bicar a lona ao Real Madrid e rabuñaron puntos a Real Sociedade e Barça, que se foron escocidos de Mendizorroza.


ACENTO GALEGO EN MENDIZORROZA

A remontada comezou no José Zorrilla, cun 0-2 que tivo como desgraciado protagonista a Lucas Pérez, despois de que o canteirán deportivista marrase un penalti e vise como a anulaban un gol. Desde entón, Lucas só acumula boas actuacións –a pesar de que aquel día en Valladolid foi un dos homes destacados-, con tres goles e unha asistencia. A súa mobilidade e capacidade para asociarse cos seus compañeiros revélano como a referencia do ‘Glorioso’.



Aquel día contra os blanquivioletas tamén cobrou relevancia o papel de Xota, que se destapou cunha gran asistencia a Pina para abrir o marcador. O pobrense chegou sobre a bucina á escuadra vasca despois dun longo periplo por Inglaterra, onde o pasado ano na Premier non logrou continuidade no Aston Villa. Ante o Elxe agarrou a titularidade e desde entón, coa excepción do partido ante o Levante que non puido xogar por ver a vermella contra o Barça, Xota non saíu do once, convertido nun xogador capital para Machín tanto pola súa calidade como polo seu traballo constante.


Joselu, pola súa banda, foi de máis a menos no arranque da tempada. Anotou na segunda xornada na derrota contra o Selecta en Os Carmenes. Desde entón, o canteirán do Celta só viu porta ante o Real Madrid, un dos seus ex equipos, pero nas últimas semanas a súa presenza en ataque axudou ao Alavés para atopar solucións á hora de armar as súas xogadas ofensivas, aproveitando o xogo de costas de Joselu e a súa habilidade para converter case calquera balón centrado nunha ocasión manifesta de gol.



Con estes resultados o Alavés logrou despegarse un pouco da zona de descenso e nas próximas datas podería mesmo poñer máis terra polo medio coa zona baixa se cultiva bos resultados ante os seus rivais directos: recibe en casa ao Eibar, pero ten que visitar ao Huesca, ao Celta de Vigo e a Osasuna antes de terminar o ano, catro equipos que tamén llas están vendo este ano para tratar de vivir un curso tranquilo en Primeira. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE