(VÍDEO) ​Polémica en redes sociais pola entrada dos Blues en Riazor e o recordo a Jimmy

O recibimento dos Riazor Blues ao Depor a pasada fin de semana provocou un aluvión de mensaxes en redes sociais de persoas que aplaudían o xesto e de persoas que o condenaban. Entre as mensaxes destacan os dos políticos Ana Pontón e Antón Gómez-Reino. 


|

O recibimento dos Riazor Blues ao Dépor a pasada fin de semana provocou un aluvión de mensaxes en redes sociais de persoas que aplaudían o xesto e de persoas que o condenaban. Entre as mensaxes destacan os dos políticos Ana Pontón e Antón Gómez-Reino.


O bo momento do Deportivo da Coruña en canto a resultados refírese vén apoiado no gran respaldo social que está a recibir o cadro branquiazul nesta nova andaina na división de bronce do fútbol español. Aínda invicto, o cadro dirixido por Fernando Vázquez é un conxunto sólido e que sabe sacar un rendemento extraordinario ás súas ocasións, a pesar dos problemas evidentes na creación de xogo. 


Con todo, e máis aló dos resultados, esta semana o Dépor e o deportivismo son noticia polo ocorrido a pasada fin de semana na previa do Deportivo – Racing de Ferrol, cando un grupo de incondicionais recibiu ao xogadores con bengalas na bancada para trasladar o ánimo de toda a afección.


BENGALAS E DISTANCIA DE SEGURIDADE

Os Riazor Blues accederon á tribuna do coliseo deportivista, con bengalas e permiso do club, e mantiveron a distancia de seguridade mentres alentaban aos seus detrás das máscaras obrigatorias. A pesar de todo, a situación epidemiolóxica que atravesa Galicia, e especialmente algunhas zonas como a área metropolitana da Coruña -aínda que os resultados dos últimos días son bos as autoridades sanitarias insisten en non baixar a garda- levou a moitos a denunciar a conduta “irresponsable” de afeccionados e autoridades.



Ademais deste acto, os Blues, como homenaxe ao Jimmy, o afeccionado asasinado en Madrid fai xa seis anos, deixaron unha coroa de flores no interior do recinto na súa memoria. As imaxes circularon polas redes sociais solicitando o mesmo número de aplausos que de críticas por parte dos afeccionados da escuadra coruñesa.


JIMMY E POLÍTICA

Con todo, a figura de Jimmy transcendeu máis aló do terreo de xogo. No aniversario do seu falecemento moitos quixeron lembrar ao ultra deportivista. Entre as moitas mostras de mensaxes de persoas pedindo xustiza polo asasinato de Jimmy, destaca sobre todas a que fixo a cabeza do BNG, Ana Pontón, que reclamou “xustiza” para “a familia e amigos de Jimmy” polo seu asasinato “a mans dun grupo neonazi”. “A estas alturas a impunidade continúa”, subliñou a líder nacionalista.



En liñas similares expresouse o portavoz de Podemos Galicia e deputado, Antón Gómez-Reino, que aproveitou a ocasión para destacar que seis anos despois “os asasinos continúan en liberdade” amparados na “impunidade fascista”.



Con todo, a moitos usuarios non gustou este posicionamento de Pontón e Gómez Reino. Algunhas publicacións lembran á líder da oposición galega a pertenza de Jimmy a un grupo ultra, o seu pasado delituoso e das supostas mensaxes que ao longo da semana pasada cruzáronse afeccionados do Deportivo e do Racing de Ferrol na previa do encontro, presuntamente para citarse antes do duelo e pegarse.




Doutra banda, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu ameazas á súa conta de Twitter ao longo da fin de semana despois do ocorrido en Riazor. A rexedora herculina anunciou que denunciaría todas as ameazas e insultos, ademais de bloquear aos usuarios que as lanzasen. “Nesta conta crítica política toda. Insultos ou ameazas, ningún”, concluíu Rey.  


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE