Senllos terremotos de baixa intensidade en Friol e Piñor cuns poucos minutos de diferenza
O Instituto Xeográfico Nacional detectou na tarde noite do martes dous movementos sísmicos de baixa intensidade que afectaron Friol (Lugo) e Piñor (Ourense) con 20 minutos de diferenza.
As dúas localidades, de Lugo e Ourense respectivamente, percibiron dous tremores de terra o martes pola noite.
As sacudidas sucedéronse con 20 minutos de diferenza, primeiro na localidade ourensá e logo na lucense.
O Instituto Xeográfico Nacional detectou na tarde noite do martes dous movementos sísmicos de baixa intensidade que afectaron Friol (Lugo) e Piñor (Ourense) con 20 minutos de diferenza.
O primeiro produciuse a cero quilómetros de profundidade en Piñor minutos antes das 21,00 horas da noite do martes; mentres que o de Friol tiña lugar 20 minutos despois a unha profundidade de dous quilómetros.
Os tremores rexistraron unha magnitude de 2,7 e 2,8, respectivamente. O 112 Galicia sinala que o seu central de emerxencias non recibiu ningunha chamada para alertar da existencia de incidencias relacionadas con estes episodios.
Escribe o teu comentario