​A Xustiza rexeita considerar ao eucalipto australiano como unha especie invasora nos montes galegos

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, como xa fixera o Ministerio de Agricultura, resístese a considerar ao eucalipto como unha especie invasora, polo que non entra de momento no catálogo de especies invasoras. 


|

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, como xa fixera o Ministerio de Agricultura, resístese a considerar ao eucalipto como unha especie invasora, polo que non entra de momento no catálogo de especies invasoras.


O fallo chega tras o recurso do Concello de Teo e apóiase en que “non hai evidencias científicas” para considerar a especie como invasora, polo que, neste caso, non hai “necesidade” de incluíla no catálogo.



Eucaliptos

Protesta simbólica na Praza do Obradoiro en 2017 dá a Rede Cousas de Raíces


Pese ao ditame, que aínda non é firme, non son poucas as voces que durante anos tacharon ao eucalipto, cada vez máis presente nos montes de Galicia, como unha especie invasora polas súas características, xa que a súa presenza impide ou capa a proliferación doutras especies autóctonas.


Este é un argumento que tivo en conta o Comité Científico no seu informe, que tamén recalcou a capacidade “transformadora do medio” desta especie de árbore, natural de Oceanía na maioría das súas variedades. Con todo, nesta última sentenza rexeitan que exista “un comportamento biolóxico invasor das especies de eucaliptos”, alegando que non hai probas científicas que apoien tal teoría.


Con todo, o propio TSJM admite que é unha cuestión “susceptible de evolucionar nun sentido ou outro”, polo que esta consideración aínda podería cambiarse. Á contra xoga o gran partido que empresas papeleiras e madeireiras, como ENCE, sacan ao eucalipto, tamén presente en Andalucía, Cantabria ou Baleares, contrarias á proposta de Teo polos “graves prexuízos económicos” que podería traer consigo.


Tamén a propia Xunta aprobou no seu día a tese da dirección xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, que rexeitou a proposta do goberno local. No seu informe o Goberno de Alberto Núñez Feijóo esgrimía que o eucalipto é un elemento importante no referido á creación de riqueza, cun impacto económico incuestionable para Galicia.


UN NEGOCIO DE 300 MILLÓNS

A petición do Goberno de Teo non é nova, xa que data de 2017 e desde entón superou diversas fases, aínda que ata o de agora sempre se atopou coa portada das administracións. Por aquel entón, a Rede Cousas de Raíces celebrou diversos actos de protesta en cidades como Santiago de Compostela ou Pontevedra, convertendo espazos urbanos en bosques de eucalitpo para denunciar a "impunidade" da industria do papel e a madeira, así como dos propios eucaliptos que "ocupan espazos de alto valor natural e patrimonial".


Doutra banda, desde a Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón (Aspapel) acolleron a noticia con xúbilo e lembran que en Galicia os ingresos anuais derivados do eucalipto ascenden a 300 millóns de euros, con 1.800 empresas vinculadas ao eucalipto. Ademais, desde Aspapel argumentan que as plantacións de eucalipto son unha ferramenta na loita contra o cambio climático.


A sentenza coincide no tempo co anuncio do acordo alcanzado entre ENCE e o fondo de investimento británico Ancala Partners parla a venda do 49% da súa filial de enerxías renovables (Ence Enerxía SLU) por 359 millóns de euros. Na operación exclúese a planta termosolar de Puertollano, tal e como reza o comunidado remitido á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE