A nova sede de Inditex podería ser financiado con diñeiro público dentro do plan de recuperación


A esperada choiva de millóns procedente de Bruxelas debese servir para poñer en marcha grandes proxectos empresariais. Empresas, consultoras e estados empezan a manobrar para facerse cun pedazo do xeneroso investimento público post-coronavirus.


|

A esperada choiva de millóns procedente de Bruxelas debese servir para poñer en marcha grandes proxectos empresariais. Empresas, consultoras e estados empezan a manobrar para facerse cun pedazo do xeneroso investimento público post-coronavirus.


En Galicia hai dous grandes proxectos que xa soan como posibles beneficiados. O primeiro é a planta de hidróxeno líquido que planea Reganosa. O segundo sería "a construción dun novo edificio nos cuarteis xerais de Inditex, cos máximos estándares en termos de eficiencia e funcionamento enerxético". 


Sede de Inditex en Arteixo nunha imaxe de Google Street View


Sede de Inditex en Arteixo nunha imaxe de Google Street View


Polo menos así o asegura EY, a antigüa Ernest & Young, unha das consultoras internacionais máis poderosas do mundo. EY seleccionou as 1.000 grandes iniciativas europeas que, á súa parecer, poderían cumprir os requisitos do plan de recuperación da UE.  De todas as citadas en ‘A Green COVID-19 Recovery and Resilience Plan for Europe’, só hai unha que podería ter lugar en Galicia, a citada construción na sede de Arteixo. 


EY estima que a construción do edificio debería requirir un investimento de 100 millóns de euros. Unha cifra que por agora non confirmou Inditex quen, de feito, nin sequera confirmou que nin vaia construír esa sede nin que vaia tirar de subvencións. Agora ben, dado o prestixio de EY na elite empresarial e a repercusión de calquera cousa que diga sobre Inditex, é probable que algún proxecto haxa, aínda que ao final aínda poida quedar en papel mollado.


OUTROS GRANDES PROXECTOS EN ESPAÑA

Unha planta solar instalada en Torrecillas da Sierra - Cáceres (Iberdrola, 300 mw) , as instalacións para recarga de vehículos eléctricos levadas a cabo tamén por Iberdrola, a reconversión dunha central térmica de carbón por unha plante de enería solar eólica en Teurel impulsada por Enel e  as infraestruturas verdes proxectadas polo Concello de Madrid, Ferrovial e a Universidade Politécnica de Madrid na capital.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE