Alarma por récord de hospitalizados con coronavirus nun día e unha tendencia de positivos á alza
Outra pésima xornada de datos do coronavirus en Galicia. O problema xa non só é o elevado ritmo de positivos, que está en niveis récord, senón que tamén se empeza a notar nos hospitais, con 28 ingresados en só un día. Nesta segunda onda, nunca tantos galegos fora hospitalizados nun só día.
Outra pésima xornada de datos do coronavirus en Galicia. O problema xa non só é o elevado ritmo de positivos, que está en niveis récord, senón que tamén se empeza a notar nos hospitais, con 28 ingresados en só un día. Nesta segunda onda, nunca tantos galegos fora hospitalizados nun só día.
Todo isto sucede á vez que a crise de Ourense empeza a aliviarse algo, o que confirma que o problema non é só ourensán. Preocupan cada vez máis as cifras da área de Santiago - O Barbanza, con a capital de Galicia xa en alerta vermella, como a veciña Ames.
Coas cifras da nota de prensa do SERGAS e do seu portal de datos, pódese deducir que o sábado se detectaron 308 positivos, todos mediante PCR.
O consolo é que é a terceira xornada consecutiva que caen os positivos. É só un consolo, porque as medias móbiles a sete días e as incidencias acumulas alcanzan valores non vistos desde o pico de primavera.
Os 308 positivos dedúcense de 95 casos activos máis, 211 curacións e dous falecementos. É a quinta xornada consecutiva que hai máis diagnósticos que curacións. Os casos activos creceron o sábado un 2,2% respecto ao venres. Isto aúpa á media móbil semanal da porcentaxe de cambio diario a 1,3%, valor que non se alcanzaba desde principios de setembro.
É indubidable pois que a pandemia leva días acelerando na autonomía, pero ata que punto é grave a situación?
As medias móbiles a sete días e a taxas de incidencia diaria indícannos que non hai indicios de mellora a curto prazo, todo o contrario. O ritmo de contagios é similar ou maior ao sufrido a finais de agosto.
A media de novos positivos está en 308 diagnósticos á xornada, algo nunca visto nesta segunda onda. A incidencia acumulada semanal tamén alcanza marcas inéditas desde a primeira onda, Galicia está nuns 80 positivos por 100.000 habitantes cada sete días. A incidencia acumulada a dúas semanas é un pouco mellor, pero segue crecendo e os 132 positivos por 100.000 habitantes en 14 días está; moi preto do valor récord de principios de setembro, 136 positivos.
Débese este evidente rebote a que o SERGAS faga máis probas? Porque facer está a facelas.
Así, aínda que o sábado a cifra reducísese a só a 4.400, a media está nunhas 6.000, volume significativamente maior ao de setembro.
Desgraciadamente, o aumento de positivos non se explica só pola maior cantidade de PCRs. Así, a media da taxa de positividade leva subindo desde principios de outubro. Chegou a caer ata un esperanzador 2,7% pero disparouse moi rápido ata o 4%. Por exemplo, o sábado deron positivos o 6,9% dos PCR, bastante por encima do límite do 5%, que indica a OMS para poder estimar que un foco está en vías de control.
A hipótese de que a subida de positivos non se debe a máis test empeza a ter eco nas cifras de hospitalizados. Onte ingresaron 28 galegos nun só día, algo máis visto nesta segunda onda.
Faleceron dúas persoas máis; pero desgraciadamente haberá máis decesos, pois 39 pacientes están na UCI.
NON É UN PROBLEMA SÓ DE OURENSE
Outra hipótese optimista á que aferrarse é que o rebote sexa só produto da crise de Ourense, que levou a confinar o perímetro da capital e a veciña Barbadás. Con todo, os datos por áreas cada vez desmenten máis esta afirmación.
De feito, Ourense rexistra hoxe só 8 casos activos máis, subida que iguala a área de Ferrol, duplica a área de Santiago e case cuadriplica a área de Vigo. A mala tendencia da área de Santiago elevou a súa taxa de incidencia tanto que agora mesmo está no nivel máximo de alerta posible no semáforo da Xunta. Máis información sobre a evolución por áreas sanitarias aquí.
Evolución da media móbil a sete días de novos positivos diarios desde principios de agosto en Galicia
Escribe o teu comentario