Nova planta Reganosa pode producir hidróxeno verde na Coruña apoiada por Estado e Xunta

Fundamentalmente, a que se trata dun combustible que potencialmente se pode producir sen emitir dióxido de carbono.Así, aínda que se necesita aplicar electricidade para separar o hidróxeno do osixeno na auga que se usa como materia prime,  se esa electricidade vén de fontes renovables, de turbinas eólicas mariñas por exemplo, non se emiten gases contaminantes ao producilo.es moi importante remarcar que o concepto 'hidróxeno verde' depende da fonte de enerxía que alimente a electrólise.


|

A nova industria estaría probablemente localizada na costa e necesitaría estar alimentada por fontes renovables, como a eólica mariña.  Xeraría suficiente combustible para alimentar centos 600 camións sen producir contaminación.


“Folla de Roteiro do Hidróxeno: unha aposta polo hidróxeno renovable” . Así se chama o plan de España, presentado onte, para potenciar o chamado 'hidróxeno verde'. 


As fases iniciais pasan por ter entre 300 e 600 Megawatios instalados en España en 2024. Parte desa potencia podería estar instalada en Galicia.


Prototipo dunha planta de hidru00f3geno verde, alimentado por un parque eu00f3lico mariño, proxectado pola belga Tractebel


Prototipo dunha planta de hidróxeno verde, alimentado por un parque eólico mariño, proxectado pola belga Tractebel  nunha imaxe desta empresa


Desde este verán, sabíase que a Xunta quere impulsar unha planta de produción de hidróxeno 'verde' por electrolisis de 50 megawatts para o seu uso na industria. A Folla de Roteiro estatal sitúa na Coruña un proxecto de "produción de hidróxeno renovable destinado a distintos usos industriais". Estamos pois, probablemente, ante o mesmo proxecto, apoiado por dúas administracións. 


A única empresa coruñesa que colaborou na Folla é Reganosa. É lóxico, pois, deducir que é a regasificadora quen promove o proxecto. Con todo, a empresa declinou, por agora, confirmalo. No seu informe anual de 2018 a compañía xa citaba como un dos seus obxectivos "servir de panca para o desenvolvemento de tecnoloxías híbridas con biogás e hidróxeno".


Segundo a información facilitada pola Consellería de Economía en xuño, a nova planta galega será de 50 megawatios, producirá 5.100 toneladas de hidróxeno capaces de abastecer a máis de 600 camións que utilicen este combustible. 


COMBUSTIBLE LIMPO SE SE PRODUCE CON ENERXÍA LIMPA

A que se debe o interese público en fomentar os investimentos en hidróxeno? Fundamentalmente, a que se trata de un combustible que potencialmente se pode producir sen emitir dióxido de carbono.


Así, aínda que se necesita aplicar electricidade para separar o hidróxeno do osixeno na auga que se usa como materia prime,  se esa electricidade vén de fontes renovables, de turbinas eólicas mariñas por exemplo, non se emiten gases contaminantes ao producilo.


É moi importante remarcar que o concepto 'hidróxeno verde' depende da fonte de enerxía que alimente a electrólise. Por exemplo, se Reganosa usase o seu combustible principal agora, o gas natural, non produciría 'hidróxeno verde'. Necesitaría alimentar a nova planta con outra fonte que non sexan os polémicos buques gaseros que chegan a Mugardos.


Por agora non se sabe moito máis sobre este importante e innovador proxecto. A Folla de Roteiro do Ministerio cita A Coruña como un dos os lugares onde crear Mesas do Hidróxeno para analizar os investimentos, xunto a outras zonas petroquímicas como Huelva, San Roque-Los Barrios, Cartaxena, Sagunto, Tarragona, Bilbao, Avilés-Xixón  e Puertollano. 


Onde pode estar a futura planta de Reganosa? A materia prima do hidróxeno verde curmá é a auga, rica en sal e minerais. Dado que a regasificadora xa ten unha boa conexión á rede eléctrica no seu porto de Mugardos, o lóxico sería pensar que alí, a pé de costa,pódese situar o novo proxecto.


De facerse real a cifra de 50MW citada no seu día pola Xunta, estariamos ante ouna potencia similar á de dous parques éolicos medios típicos en Galicia.











Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE