Unha empresa galega lanza un xel hidroalcohólico que á vez é un perfume
Aproveitando o evidente boom da demanda de xeles hidroalcohólicos, lanzou, baixa a marca familiar, "esencias puras que buscan identidades propias a partir dunha liña de cosmética saudable e con base científica".
Onde moitos ven unha crise que cerna os seus proxectos, outros descobren novas oportunidades empresariais. É o caso de Pereira 1903 que se converte" na primeira firma de cosmética en lanzar unha gama de sprays hidroalcohólicos con aromas que teñen un triplo uso: perfume persoal, de fogar e solución hidroalcohólica".
María Sobral Pereira é xa a cuarta xeración de farmacéuticos galegos de Redondela. Aproveitando o evidente boom da demanda de xeles hidroalcohólicos, lanzou, baixa a marca familiar, "esencias puras que buscan identidades propias a partir dunha liña de cosmética saudable e con base científica".
A empresa promete que levan as proporcións adecuadas de auga, esencias e alcol, polo que "teñen o poder de desfacer a membrana do virus ademais de cheirar de marabilla".
E a que cheiran? Pois hai tres variedades: Rosas & champagne, Summertime -que tamén se pode usar como perfume persoal- e Springland -con mestura de pomelo, limón, romeu e madeira de cedro e tamén utilizable como perfume. A compañía galega xa os ten á venda a través da súa web.
Escribe o teu comentario