Dous novos brotes no Carballiño e Ourense con sete casos e outros seis positivos en brotes xa coñecidos

As autoridades sanitarias galegas detectaron dous novos brotes na provincia de Ourense, en concreto no municipio do mesmo nome e no Carballiño.

|

A situación na área sanitaria segue sendo preocupante, a pesar de que hoxe os casos activos baixen por vez primeira desde mediados de xullo.


As autoridades sanitarias galegas detectaron dous novos brotes na provincia de Ourense, en concreto no municipio do mesmo nome e no Carballiño.


Chou



O primeiro trátase dun brote de carácter social que afecta a dúas mulleres de 34 e 38 anos e a dous homes de 30 e 32, ademais da un menor.

Doutra banda, no Carballiño localizouse un novo brote familiar con tres casos: unha muller de 20 anos e dous homes de 57 e 33 anos de idade.


BROTES QUE SEGUEN CRECENDO

 O mércores actualizáronse os datos de evolución de diferentes zonas afectadas pola

Covid-19 na provincia, todos eles en activo e en seguimento dos seus contactos estreitos.

Uno dos brotes que afecta a tres novos de Verín ascende a cinco casos tras detectarse dous novos positivos entre os seus contactos próximos, en concreto dous homes de 20 e 56 anos.

Tamén neste municipio, outro brote relacionado cun encontro familiar e notificado o pasado 30 de agosto pasou dos 7 aos 10 positivos, con tres novos casos dunha muller de 37 anos e dous homes de 46 e 88 anos.

Finalmente, outro brote de orixe social en Ourense e notificado o 4 de setembro pasou de sete a oito casos positivos, tras o diagnóstico dunha muller de 43 anos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE