Os positivos en Galicia empezan a desacelerar a pesar de que o SERGAS bate o seu récord de test diarios


Leve melloría outra vez dos datos do coronavirus a nivel galego, aínda que a evolución dalgunhas áreas segue sendo preocupante. As cifras de Ourense e Vigo volven ser malas e o foco da Coruña segue perdendo forza.


|

Leve melloría outra vez dos datos do coronavirus a nivel galego, aínda que a evolución dalgunhas áreas segue sendo preocupante. As cifras de Ourense e Vigo volven ser malas e o foco da Coruña segue perdendo forza. Máis información sobre os datos por áreas sanitarias aquí.


Os 252 positivos detectados son 52 menos que onte. Iso a pesar de que o SERGAS bate un novo récord de PCRs, que xa bateu tamén onte, con máis de 5.200 probas. 





A taxa de positividade de hoxe  tamén convida a certo optimismo. O 4,82% está por baixo do 5% que estima a OMS como máximo para considerar que un foco pode estar en vías de ser controlado.


 TENDENCIAS LEVAN MELLORANDO UNS DÍAS

Hai melloría tamén na tendencia xeral, máis aló do que digan os datos de hoxe? Si, hai unha melloría perceptible das tendencias semanais, aínda que tamén leve.


Así, os 264 positivos da media móbil a sete días de novos contagios é a menor cifra desde o 30 de agosto. E o que é máis importante, este indicador leva estabilizado ou cunha suave tendencia á baixa desde fai xa cinco días. 


RECORDS DE PROBAS

Estabilización de novos casos que ademais se probe á vez que o SERGAS segue aumentando de forma constante a media diaria de probas.


A consecuencia de máis ou menos os mesmos positivos, cando se fan máis probas, é que a media de positividade descende.  A media de porcentaxe test positivos anda aínda por encima do 5%, pero con tendencia cara abaixo desde hai varios días.


A taxa de incidencia a 14 días, os positivos por cada 100.000 habitantes, anda por 121, o que implica tamén certa estabilización ou lixeiro descenso.





SEGUE HABENDO MÁIS CASOS ACTIVOS, PERO ESTÁN DESACELERANDO

No referido a casos activos, Galicia conta un 2,3% máis que onte. É a menor subida relativa desde hai case un mes. 


E o que é máis importance, a tendencia xeral reflectida na media móbil a sete días continúa baixando inenterrumpidamente desde mediados de agosto.


 



Figuran, así mesmo, catro falecementos, que elevan o total a 656 desde que comezou a pandemia. Unha muller faleceu no CHUAC e outras tres persoas, unha muller e dous homes que eran residentes do centro xeriátrico do Incio (Lugo), morreron no Lucus Augusti de Lugo. 


Os pacientes curados,  alcanzan os 13.200 --161 máis que o xoves--.  Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 171 en unidades de hospitalización e 3.896 en domicilio.  


As camas ocupadas por eses 171 enfermos en planta hospitalaria supoñen só o 2% do total. Galicia presenta os mellores datos de España neste indicador, salvo Estremadura.






IN2IO coronavirus en galicia evoluci n recente (1)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE